Saltar ao contido

Wisconsin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo precisa de mais fontes ou referencias que aparezan nunha publicacion acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacions especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.)
Wisconsin
State of Wisconsin (en)

HimnoOn, Wisconsin! (en) (1959)

Lema<<Forward (en) >>
Simbolo oficialTurdus migratorius (ave)
AlcumeThe Badger State e America's Dairyland
Eponimorio Wisconsin
Localizacion
44deg30'N 89deg30'O / 44.5, -89.5
EstadoEstados Unidos de America
CapitalMadison
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion5.893.718 (2020) (34,74 hab./km2)
Numero de fogares2.377.935 (2020)
Lingua oficialsen valor
Xeografia
Parte de
Superficie169.640 km2
Auga17,31 %
Lonxitude da costasen valor
Banado porLago Michigan, Lago Superior e Rio Mississippi
Altitude320 m
Punto mais altoTimms Hill (en) (594,8 m)
Punto mais baixoLago Michigan (176 m)
Comparte fronteira con
Creacion29 de maio de 1848
Organizacion politica
Organo executivogovernment of Wisconsin (en)
* Governor of Wisconsin (en) Tony Evers (2019-sen valor)
Organo lexislativoWisconsin Legislature (en) ,
Maxima autoridade xudicialTribunal Supremo de Wisconsin
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-WI
Identificador GNIS1779806
Outro
Irmandado con

Sitio webwisconsin.gov

Wisconsin (en ingles [wIs'kans@n] (AFI), escoitar) e un dos estados que conforma os Estados Unidos de America, localizandose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a peninsula setentrional do estado de Michigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin e o vixesimo terceiro estado mais extenso e o vixesimo mais poboado. A capital do estado e Madison, e a cidade mais poboada e Milwaukee, sita na costa do Lago Michigan. O estado de Wisconsin esta composto por 72 condados.

Etimoloxia

[editar | editar a fonte]

O nome do estado proven do rio Wisconsin, chamado asi polos nativos americanos que vivian na zona a chegada dos europeos. O explorador frances Jacques Marquette foi o primeiro europeo en chegar ao rio, no 1673 e no seu diario rexistra o nome de Meskousing. O termo foi corrompido por Ouisconsin por outros exploradores franceses, convertendose co tempo no nome frances para o rio e para a rexion. A principios do seculo XIX, coa chegada dun gran numero de anglofalantes a zona, o termo foi adaptado para Wisconsin, convertendose este en oficial pola asemblea do Territorio de Wisconsin no 1845.

A palabra algonquia para Wisconsin e o seu significado orixinal ten moita controversia. As interpretacions son variadas, ainda que a meirande parte delas estan relacionadas co rio e o arenito vermello da sua beira. Unha das teorias mais fortes sosten que o nome proven da palabra do idioma miami Meskonsing (en galego, "descorre vermello"), referindose a zona do rio Wisconsin a altura das chamadas Wisconsin Dells. Outras teorias suxiren que o nome ven de distintas palabras ojibwa que significan "area de rocha vermella", "onde as augan se xuntan" ou "rocha grande".

A zona esta habitada dende hai uns 12 000 anos, chegando os primeiros habitantes arredor do 10 000 a.C., durante a denominada como "Glaciacion de Wisconsin". Estes, denominados paleo-indios, adicabanse a caza de animais hoxe desaparecidos (ex. Mastodonte). Coa fin da era glacial, no 8 000 a.C., engadironse outras actividades, tales como a pesca e a recoleccion. As sociedades agricolas apareceron entre o 1 000 a.C. e o 1 000 da nosa era. Arredor desta ultima data, en Wisconsin florecia a cultura denominada Effigy Mound (cuxa principal obra son os monticulos coa forma de serpe e outros animais ergueitos en moitos lugares dos Estados Unidos). Entre o 1000 e o 1500, os indios das culturas Mississippi e Oneota asentaronse na zona, podendo ser estes os antecesores dos Ioway e os Ho-Chunk, as tribos que vivian en Wisconsin a chegada dos europeos. Outros grupos de nativos son os ojibwa, sauk, fox, kickapoo e pottawatomie, que migraron para esa zona dende o leste entre 1500 e 1700.

O primeiro europeo en chegar foi, probablemente, o explorador frances Jean Nicolet, quen no 1634 chegou en canoa dende os Grandes Lagos, desembarcando preto da actual Green Bay. Os europeos regresaron ali no 1654-1666 e tamen a costa do Lago Superior no 1659-1660, para o comercio de peles cos nativos. Foron Jacques Marquette e Louis Jolliet os primeiros en atravesar o actual estado, usando a via fluvial dos rios Fox e Wisconsin, chegando ata o Mississippi no 1673. Outros franceses continuaron o comercio de peles na zona nos seculos XVII e XVIII, pero nunca levantaron asentamentos. No 1763, o Reino Unido obten o control da zona tras a guerra Indio-Francesa. Con todo, os comerciantes de peles franceses continuaron a sua actividade.

Os britanicos conquistaron a zona durante este conflito, ganando Green Bay en 1761 e logo toda a rexion no 1763. Os britanicos estaban tamen interesados no comercio de peles. Deste xeito, franco-canadinos, ingleses e alguns afroamericanos libres chegaron a Wisconsin durante o control britanico. O primeiro asentamento atribuese a Charles Miguel de Langlade, cun posto de comercio en Green Bay en 1745, ao cal se mudou definitivamente no 1764. No oeste, en Prairie du Chien, estableceuse un asentamento no 1781. Os franceses de Green Bay referianse a ela como Le Bey (A Baia), mentres que os comerciantes britanicos lle daban o nome de Green Bay (Baia Verde), pola cor verdosa das augas na primavera. A dominacion britanica da zona non prexudicou os residentes franceses, dandose un clima de expansion economica en torno ao comercio de peles, establecendose granxas na rexion, e sendo Green Bay unha prospera vila a finais do seculo XVIII.

Tras a Revolucion Americana, a rexion converteuse en posesion dos Estados Unidos, ainda que os britanicos mantiveron o seu poder ata a guerra de 1812. Neste tempo, a economia pasou de centrarse nas peles a xirar arredor do chumbo. A prosperidade deste novo negocio trouxo a zona inmigrantes de Europa e doutras zonas dos Estados Unidos. A chegada repentina dun grande grupo de brancos provocou conflitos coas comunidades nativas. Diversas guerras, como a de Winnebago (1827) ou a dos Black Hawk (1832) derivou na expulsion dos indios americanos da meirande parte de Wisconsin. O Territorio de Wisconsin crease o 20 de abril de 1836. Por este ano, as pradarias do SE estan xa ocupadas por inmigrantes de Nova Inglaterra.

Estes, descendentes dos puritanos que chegaron a Nova Inglaterra no seculo XVII, expandese por todo o sur do que hoxe e o estado. Daquela, Wisconsin era basicamente bosques e pradarias salvaxes. Os novos habitantes erguen granxas, estradas, edificios, traendo tamen os seus ideais politicos (defensa do abolicionismo e da educacion) e a relixion protestante. Vilas como Racine, Beloit, Janesville etc. foron fundadas neste tempo. Wisconsin converteuse en estado en 1848.

En 1850, a poboacion era de 350.000 habitantes, dos cales case 1/3 (103.000) eran do NE dos Estados Unidos. O segundo grupo mais numeroso era o aleman (38.000), seguidos dos britanicos (28.000). So o 18% (63.000) dos residentes de Wisconsin nacera no estado.

Nelson Dewey, democrata, foi o primeiro gobernador do Estado. Nado en Connecticut, a sua familia levaba en America dende 1633. Dewey impulsou o desenvolvemento de infraestruturas: estradas, ferrocarris, canles e portos, asi como a mellora dos rios Fox e Wisconsin. A politica de Wisconsin estivo dominada polo tema da escravitude, o Estado converteuse no centro antiabolicionista do norte. A situacion complicouse en 1854, cando un escravo escapado de Missouri foi capturado en Racine e, segundo o Fugitive Slave Act of 1850, debia ser detido e condenado, pero un grupo de abolicionistas parou o proceso e axudou ao escravo a fuxir para o Canada. O Partido Republicano, fundado o 20 de marzo de 1854 por abolicionistas na vila de Ripon, Wisconsin, converteuse no partido dominador do estado. Na Guerra Civil Estadounidense, uns 91.000 soldados loitaron do bando da Union.

Neste tempo a economia diversificouse. Coa caida da mineria de chumbo, a agricultura converteuse na principal actividade na metade sur do estado. Unha rede ferroviaria foi levantada para axudar co transporte de gran. Wisconsin converteuse en pouco tempo nun dos maiores produtores de trigo dos Estados Unidos. Paralelamente, a industria madeireira dominaba a metade norte de Wisconsin, aparecendo serradoiros en vilas como La Crosse, Eau Claire, ou Wausau. Estas actividades tiveron consecuencias ambientais importantes. No final do s. XIX, a agricultura intensiva destruira a capa fertil do solo, e a industria da madeira deforestara unha parte importante da rexion. Isto levou a un declive de ambas actividades.

No inicio da decada de 1890, as granxas de Wisconsin mudaron do trigo a producion lactea para asi obter mellor rendemento das terras. Moitos inmigrantes traian as suas tradicions queixeiras que, xunto coa adecuada xeografia do estado e a investigacion na materia por parte da Universidade de Wisconsin, axudaron a crear o alcume de America's Dairyland (A Leiteria de America). Ao mesmo tempo, ecoloxistas como Aldo Leopold axudaron a reforestacion de comezos do seculo XX, dando pe a unha mais renovable industria madeireira e papeleira, e potenciando o turismo nos bosques do norte. Houbo un boom na manufactura neste tempo, axudado pola masiva inmigracion proveniente de Europa. En cidades como Milwaukee, a industria abarcaba desde a fabricacion de cervexa e o procesamento de comida ata a producion de maquinaria pesada e ferramentas. En 1910, Wisconsin era o oitavo estado dos Estados Unidos en PIB.

O inicio do seculo XX foi tamen importante polo auxe do progresismo liderado por Robert M. La Follete. Entre 1901 e 1914, os republicanos progresistas crearon en Wisconsin o primeiro sistema cabal de eleccions primarias dos Estados Unidos, asi como a primeira lei de compensacion por accidente laboral, e o primeiro imposto estatal sobre a renda, facendo este ultimo proporcional aos ingresos. Esa "idea de Wisconsin" progresista potenciou tamen o desenvolvemento da Universidade de Wisconsin.

Tras a IIGM, Wisconsin atopabase dividido en temas como a creacion da ONU, ou o auxe da URSS, movendose a opinion xeral a favor do capitalismo nos anos seguintes. Ao longo da segunda metade do seculo XX, Wisconsin viu diversos extremos politicos. Desde as cruzadas anticomunistas do senador McCarthy nos anos 50 ata as protestas radicais contra a guerra do Vietnam na UW-Madison (que remataron co atentado do Sterling Hall de 1970). Wisconsin converteuse no lider da reforma das prestacions sociais co gobernador Thompson nos anos 90. A economia tamen cambiou, co descenso da industria en favor da economia de servizos (sanidade, educacion, turismo etc.)

Wisconsin ten limites cos estados de Iowa, Minnesota, Michigan e Illinois, asi como os Grandes Lagos Michigan e Superior. Fai parte do territorio dos Estados Unidos dende a Guerra Revolucionaria Americana. O Territorio do Wisconsin foi formado o 3 de xullo de 1836. Wisconsin ratificou a sua constitucion o 13 de marzo de 1848, e tornouse o 30o estado dos Estados Unidos o 29 de maio de 1848.

A economia do Wisconsin baseabase orixinalmente na producion das facendas (especialmente produtos de granxa), na mineria e na extraccion de madeira. No seculo XX o turismo tornouse importante, e moitas persoas que vivian nas facendas mudaron de emprego e foron traballar noutras rexions. A industrializacion en larga escala iniciouse no final do seculo XIX no suroeste do estado, coa cidade de Milwaukee como centro principal. En decadas recentes, os servizos, especialmente medicina e educacion, tornaronse dominantes. A paisaxe do estado, bastante modificada pola glaciacion da ultima Idade do Xeo, torna o estado popular para o turismo e para outras formas de recreacion.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]

Ligazons externas

[editar | editar a fonte]
Commons ten mais contidos multimedia sobre: Wisconsin
Divisions politicas dos Estados Unidos
Estados
Distrito Federal
Areas insulares
Illas exteriores