Saltar ao contido

Cripton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cripton
Ar

36
Kr
Kr
Xe
Bromo - Cripton - Rubidio
Taboa periodica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Linas espectrais do Cripton
Informacion xeral
Nome, simbolo, numero Cripton, Kr, 36
Serie quimica Gases nobres
Grupo, periodo, bloque 18, 4, p
Densidade 3,708 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Incoloro
Ndeg CAS
Ndeg EINECS
Propiedades atomicas
Masa atomica 83,798(2)[1] u
Raio medio pm
Raio atomico (calc) 88 pm
Raio covalente 110 pm
Raio de van der Waals 202 pm
Configuracion electronica [Ar]3d10 4s2 4p6
Electrons por nivel de enerxia
Estado(s) de oxidacion 0
Oxido
Estrutura cristalina cubica centrada nas caras
Propiedades fisicas
Estado ordinario Gas
Punto de fusion 115,79 K
Punto de ebulicion 119,93 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpia de vaporizacion 9,029 kJ/mol
Entalpia de fusion 1,638 kJ/mol
Presion de vapor
Temperatura critica K
Presion critica Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 1120 m/s a 293.15 K (20 degC)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 3,00
Calor especifica J/(K*kg)
Condutividade electrica S/m
Condutividade termica 0,00949 W/(K*m)
1.a Enerxia de ionizacion 1350,8 kJ/mol
2.a Enerxia de ionizacion 2350,4 kJ/mol
3.a Enerxia de ionizacion 3565 kJ/mol
4.a Enerxia de ionizacion 5070 kJ/mol
5.a Enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion5}}} kJ/mol
6.a Enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion6}}} kJ/mol
7.a Enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion7}}} kJ/mol
8.a enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion8}}} kJ/mol
9.a Enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion9}}} kJ/mol
10.a Enerxia de ionizacion {{{E_ionizacion10}}} kJ/mol
Isotopos mais estables
iso AN Periodo MD Ed PD
MeV
78Kr0,35%estable con 42 neutrons
80Kr2,25%estable con 44 neutrons
81KrSint.229000 ae0,28181Br
82Kr11,6%estable con 46 neutrons
83Kr11,5%estable con 47 neutrons
84Kr57%estable con 48 neutrons
85KrSint.10,756 ab-0,68785Rb
86Kr17,3%estable con 50 neutrons
Unidades segundo o SI e en condicions normais de presion e temperatura, salvo indicacion contraria.

O cripton[2] e un elemento quimico da taboa periodica con simbolo Kr e o seu numero atomico e 36.

Caracteristicas principais

[editar | editar a fonte]

O cripton e un gas nobre incoloro, inodoro e insipido de moi pequena reactividade caracterizado por un espectro de linas verde e vermello-laranxa moi brillantes. E un dos produtos da fision nuclear do uranio. O cripton solido e branco, de estrutura cristalina cubica centrada nas caras o igual que o resto de gases nobres.

Para propositos practicos pode considerarse un gas inerte ainda que se conecen compostos formados co fluor; ademais pode formar clatratos coa auga ao quedar os seus atomos atrapados na rede de moleculas de auga. Tamen se sintetizaron clatratos con hidroquinona e fenol. E o primeiro dos gases nobres na orde do periodo para o que se define un valor de electronegatividade.

Aplicacions

[editar | editar a fonte]

A definicion da lonxitude do metro estivo entre 1960 e 1983 baseada na radiacion emitida polo atomo excitado de cripton; en concreto, o metro estaba definido coma 1 650 763,73 veces a lonxitude de onda da emision vermella-laranxa dun atomo de Kr-86.

Usase en solitario ou mesturado con neon e argon en lampadas fluorescentes, en sistemas de iluminacion de aeroportos xa que o alcance da luz vermella emitida e maior que a ordinaria incluso en condicions climatoloxicas adversas de neboa, e nas lampadas incandescentes de filamento de tungsteno de proxectores de cine. O laser de cripton usase en medicina para cirurxia da retina do ollo.[Compre referencia]

O cripton (do grego krupton, oculto) foi descuberto en 1898 por William Ramsay e Morris Travers nun residuo da evaporacion do aire liquido. En 1960, a Oficina Internacional de Pesos e Medidas definiu o metro en funcion da lonxitude de onda da radiacion emitida polo isotopo Kr-86 en substitucion da barra patron. En 1983 a emision do cripton substituiuse pola distancia percorrida pola luz en 1/299 792 458 segundos.

Abundancia e obtencion

[editar | editar a fonte]

Gas raro na atmosfera terrestre, da orde de 1 parte por millon, atopase entre os gases volcanicos e augas termais e en diversos minerais en cantidades moi pequenas. Pode extraerse do aire por destilacion fraccionada.

Na atmosfera do planeta Marte atopouse un contido de 0,3 ppm de cripton.

O cripton natural esta constituido por seis isotopos estables e ten caracterizados dezasete isotopos radioactivos.

O isotopo Kr-81 e produto de reaccions atmosfericas cos outros isotopos naturais, e radioactivo e ten un periodo de semidesintegracion de 250,000 anos. Ao igual que o xenon, o cripton e extremadamente volatil e escapa con facilidade das augas superficiais, polo que se emprega para datar antigas (50.000 a 800.000 anos) augas subterraneas.

O isotopo Kr-85 e un gas inerte radioactivo cun periodo de semidesintegracion de 10,76 anos que se produce na fision do uranio e do plutonio. As fontes deste isotopo son as probas nucleares, os reactores nucleares e o reprocesado das barras de combustible dos reactores. Detectouse un forte gradiente deste isotopo entre os hemisferios norte e sur, sendo as concentracions detectadas no polo Norte un 30% mais altas que no polo Sur.

  1. | CIAAW
  2. | Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cripton.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Cripton

Bibliografia

[editar | editar a fonte]