Aruba (/@'ru:b@/, Holandes: [a:'ruba:, -ryb-] (escoitar), Modelo:IPA-pap), oficialmente o Pais de Aruba (neerlandes: Land Aruba; papiamento: Pais Aruba) e unha illa das Antillas Menores, a mais occidental do grupo de Sotavento a 25 km ao norte da peninsula de Paraguana, ao noroeste de Venezuela e no sur do mar Caribe, a 80 km ao noroeste da illa de Curacao.[1] Mide 32 km de lonxitude desde o seu extremo noroeste ata o seu extremo sueste e 10 km de lonxitude no seu punto mais ancho.[1] Xunto con Bonaire e Curacao, Aruba forma un grupo denominado illas ABC. Colectivamente, estas e as outras tres illas substanciais holandesas do Caribe chamanse a miudo o Caribe holandes, da que Aruba ten preto dun terzo da poboacion. En 1986, converteuse nun pais constituinte dentro do Reino dos Paises Baixos, e adquiriu o nome oficial de Pais de Aruba.
Formou parte das Antillas Neerlandesas, ainda que na actualidade e un dos catro paises que forman o Reino dos Paises Baixos, xunto cos Paises Baixos, Curacao e Sint Maarten, os cidadans destes paises son todos holandeses.[2], de forma separada as Antillas Neerlandesas. Obtivo a sua autonomia, dentro do Reino dos Paises Baixos, o 1 de xaneiro de 1986. Aruba non ten subdivisions administrativas, pero, a efectos do censo, esta dividida en oito rexions. A sua capital e Oranjestad.[2][1]
O nome Aruba probablemente procedia do caquetioOruba que significa "illa ben situada", xa que foron os caquetios os que vivian na illa cando a pisou por primeira vez Alonso de Ojeda. Entre 1529 e a sinatura do Tratado de Westfalia, os espanois usaron o nome "Isla de Oruba". Despois da firma, a illa foi cedida aos Holandeses e o seu nome cambiouse por Aruba.
Habia moitos nomes diferentes para Aruba utilizados por outros grupos amerindios, todos os cales poderian ter contribuido ao nome actual de Aruba. Outro nome caquetio para a illa era Oibubia que significa "illa guiada". O nome taino da illa era Arubeira.[3] Os kalinago tamen tinan dous nomes para a illa Ora Oubao que significa "illa de cunchas"[4] e Oirubae que significa "Companeira de Curacao".
Unha idea erronea comun e que o nome Aruba proven do espanol Oro hubo que significa "Habia ouro". Non obstante, os espanois non atoparon ouro en Aruba durante o tempo da sua ocupacion, alcumando Aruba e o resto das Illas ABCIslas Inutiles, ("illas inutiles") pola falta de ouro. Non foi ata moito mais tarde en 1824 cando Willem Rasmijn atopou ouro en Aruba, comezando a Febre do ouro de Aruba. Outro dos primeiros nomes espanois para Aruba foi Isla de Brasil, nomeada asi debido a gran cantidade de Arbores de Paubrasilia que medraban na illa.
Houbo unha presenza humana en Aruba desde preto do 2000 a.C.[5] O primeiro grupo identificable foron os indios caquetios, da etnia arauaca, que chegaron desde o continente ao redor do ano 1000 a. C..[5][6] As probas arqueoloxicas suxiren vinculos continuos entre estes arubanos nativos e os pobos amerindios do continente Suramericano.[7]
Os primeiros europeos en visitar Aruba foron Amerigo Vespucci e Alonso de Ojeda en 1499, que reclamaron a illa para Espana.[5] Ambos os dous describiron Aruba como unha "illa dos xigantes", remarcando a estatura comparativamente grande dos caquetios nativos.[7] Vespucci regresou a Espana con existencias de algodon e madeira do Brasil da illa e describiu casas construidas no oceano.[8] Os contos de Vespucci e Ojeda estimularon o interese por Aruba, e os espanois comezaron a colonizar a illa.[9][10] Alonso de Ojeda foi nomeado primeiro gobernador da illa en 1508. A partir de 1513 os espanois comezaron a escravizar os caquetios, enviando a moitos a unha vida de traballos forzados nas minas da Hispaniola.[7][5] As poucas precipitacions e a paisaxe arida da illa fixeron que non se considerase rendible para un sistema de plantacions baseado en escravos, polo que o tipo de escravitude a grande escala tan comun noutras illas do Caribe nunca se estableceu en Aruba.[11]
Os Paises Baixos tomaron Aruba de Espana en 1636 no transcurso da Guerra dos Trinta Anos[1][5] pola Compania holandesa das Indias Occidentais. Peter Stuyvesant, mais tarde nomeado para New Amsterdam (Nova York), foi o primeiro gobernador holandes. Aos arauacos que quedaron logo da dominacion espanola permitiuselles cultivar e pastar gando, e os holandeses usaron a illa como fonte de carne para as suas outras posesions no Caribe.[7][5] A proximidade de Aruba a America do Sur deu lugar a interaccions coas culturas das zonas costeiras, por exemplo, podense ver similitudes arquitectonicas entre os barrios do seculo XIX de Oranjestad e a proxima cidade venezolana de Coro no Estado de Falcon.[Compre referencia] Historicamente, o holandes non era moi falado na illa fora da administracion colonial, o seu uso aumentou a finais do seculo XIX e principios do XX.[12] Os estudantes de Curacao, Aruba e Bonaire estudaban predominantemente en espanol ata finais do seculo XVIII.[13]
Durante a segunda guerra mundial, foi unha importante fonte para o abastecemento de combustible das forzas aliadas que operaban en Europa. O que expuxo o seu porto ao asedio de submarinos da Alemana Nazi.
O 1 de xaneiro de 1986, obten un status de autonomia dentro do Reino dos Paises Baixos, o que a separa do resto das Antillas Neerlandesas; cando asume como primeiro ministro Henny Eman, desde esta data e un territorio non metropolitano dos Paises Baixos, con camara lexislativa propia.
Aruba e parte do Reino dos Paises Baixos, pero manten total control sobre os seus asuntos excepto cuestions relacionadas coa defensa nacional, cidadania, relacions exteriores e extradicion. Aruba posue as suas propias leis, constitucion, goberno e moeda oficial.
Os membros do Consello de Ministros son elixidos polo parlamentounicameral, chamado Staten, posue 21 escanos e representa ao poder lexislativo. Os membros do Staten son elixidos por voto directo e popular por un termo de catro anos.
O poder xudicial reside na Corte Suprema de Xustiza e cuxos xuices son designados polo monarca. A constitucion data de 1986.
Existen sete partidos politicos, dos cales dous ou tres tenen maior peso politico.
Mapa de ArubaMapa de Aruba da Encyclopaedie van Nederlandsch West-Indie 1914-1917
A illa e xeralmente chaira e sen rios nas Antillas de Sotaventoarco insular das Antillas Menores na parte sur do Caribe. Atopase a 77 km ao oeste de Curacao e 29 km ao norte da Peninsula de Paraguana de Venezuela].[1] Posue praias de area branca, localizadas nas costas oeste e sur da illa, relativamente protexidas das feroces correntes oceanicas.[1][15] Aqui e onde vive a maior parte da poboacion e onde se produciu a maior parte do desenvolvemento turistico.[15][2] As costas norte e leste, carentes desta proteccion, estan considerablemente mais maltratadas polo mar e quedaron en gran parte intactas. En 2022, Aruba so tina o 2,3% da superficie cuberta de bosque e so o 0,5% da area natural protexida.[16]
No interior da illa existen alguns outeiros, das cales destacanse o Hooiberg (165 m) e o Monte Jamanota (188 m), que e o punto mais alto da illa. Oranjestad, a sua capital, esta localizada a |12|19|N|70|1|W|}}.
O clima local e do tipo semi-arido tropical maritimo, con pequenas variacions de temperatura no ano.
A Ponte Natural foi unha gran ponte de pedra calcaria formada naturalmente na costa norte da illa. Foi un destino turistico popular ata o seu colapso en 2005.
A illa, cunha poboacion dunhas 116.600 persoas (estimacion do 1 de xaneiro de 2019)[2] non ten grandes cidades. Esta dividida en seis distritos.[17] A maior parte da poboacion da illa reside nos dous principais distritos similares as cidades de Oranjestad (a capital) e San Nicolaas. Oranjestad e San Nicolaas estan divididos en dous distritos so para fins de censo.[18] Os distritos son os seguintes:
Ao redor da metade do PIB de Aruba proven do turismo ou de actividades relacionadas. Antes de obter o seu status autonomico, a maior actividade era a refinacion de petroleo; actualmente devandita actividade ten unha pequena influencia na economia. A agricultura e a manufactura tenen tamen un pequeno impacto economico. O florin arubano ten un cambio fixo co dolar estadounidense de 1.79:1. Os seus principais socios comerciais son os Estados Unidos, Paises Baixos, Reino Unido e Venezuela.
O turismo e o principal apoio da pequena economia arubana, onde esta a maior fonte de empregos dos habitantes da illa. O rapido crecemento do sector turistico durante a decada de 1990 deu lugar a unha expansion substancial doutras actividades economicas. A construcion inmobiliaria, con maior capacidade en hoteis e cinco veces superior ao nivel do ano de 1985. Isto produciu unha cifras baixas de desemprego, provocando a falta de man de obra e unha subida de salarios.
A maioria da poboacion e descendente dos espanois e holandeses que dominaron a illa, xunto cos arauacos, que eran os nativos da illa e aos que lles foi permitido o pastoreo e a ganderia na epoca de dominacion holandesa. A pesar que non existen indios arauacos actualmente, a herdanza etnica e moi visible, sendo unha das mais fortes no Caribe. Recentemente chegaron inmigrantes de Latinoamerica e das illas do Caribe, en busca de traballo. Na illa conviven persoas de 40 diferentes nacionalidades.
Impera o multilinguismo, onde a maioria da poboacion pode falar mais de catro idiomas. Do mesmo xeito que outras illas das Antillas Neerlandesas, o idioma oficial e o neerlandes, que e o que se usa nas escolas, pero o seu uso cotian e limitado e e falado por 5.300 persoas como lingua materna, sendo o terceiro idioma mais falado.
Con todo, o idioma mais utilizado e o papiamento, que e a lingua materna da maior parte da poboacion, ao redor do 70%. E falado por unhas 60.000 persoas (incluindo Curacao e Bonaire) e e unha lingua crioula resultante da combinacion do portugues, neerlandes, espanol, arauaco, frances e ingles. Non foi considerado unha lingua importante na illa ata en 1995, e foi oficialmente engadido no curriculo escolar en 1998 e 1999.
En Aruba observase unha gran cantidade de hispanofalantes. Son 93.500, que e igual ao 85% da poboacion (deste 85% so 1/5 deles posue o espanol como lingua unica). A sua relativa proximidade con Venezuela fixoa moi importante, destacandose como o segundo idioma mais falado, tanto que nas escolas aprendese desde quinto grao; podense ver ademais varias canles de television Venezolanos na illa.
Tamen se fala o ingles, e falado por 3.000 persoas e e o cuarto idioma mais falado, aprendese na escola desde cuarto grao. Tamen se fala minoritariamente o portugues, frances e sranan tongo.
As orixes da poboacion e a localizacion da illa dan a Aruba unha mestura de culturas. A influencia holandesa e visible, a pesar que a maioria da poboacion non e de orixe holandesa. O Entroido de Aruba e unha das festividades mais importantes da illa, e tamen outra festividade importante e o Dia de San Juan (Dia dei San Juan); ambas as celebracions son conecidas pola sua musica e colorido.
Nesta illa o deporte mais popular e o beisbol e logo seguenlle os seus derivados (o softbol por exemplo).
O futbol non ten relevancia aqui, ten un modesto numero de practicantes, os profesionais tenden a seguir a sua carreira pero en Holanda. A Federacion Arubana de Futbol reconeceu a finais de 2006 a efectividade que tivo Aruba na 1o das 3 fases das eliminatorias do Cono Norte camino a Libia-Tunisia 2010 de Fut-Sete. Nun grupo D con rivais como Saint-Martin, Illas Caiman e Illas Virxes do Reino Unido onde Aruba ganou os 6 partidos que tina en disputa.
|Sauer, Carl Ortwin (1966). The Early Spanish Main. Cambridge: Cambridge University Press. p. 112. ISBN9780521088480. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2015.
| 15,015,1Canoe inc. (22 de xuno de 2011). "Aruba: the happy island". Slam.canoe.ca. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 15 de xullo 2014.
|Conway, Dennis (Spring 1999). "Uprooted Women: Migrant Domestics in the Caribbean". The International Migration Review33 (1): 210-212. JSTOR40166484. doi:10.2307/2547337.
|Hoefte, Rosemarijn (October 1993). "Review: Hartert on Birds from Aruba, Bonaire and Curacao". The Hispanic American Historical Review73 (4): 677. JSTOR6114727.
|Green, James W. (September 1975). "Review". American Anthropologist. New (Blackwell Publishing on behalf of the American Anthropological Association) 77 (3): 648-649. JSTOR673439. doi:10.1525/aa.1975.77.3.02a00490.
|Coutts, B. E. (September 1994). "Reference: Netherlands Antilles and Aruba (World bibliographical series, 168) compiled by Kai Schoenhals". Choice32 (1): 78. JSTOR7258919.