Saltar ao contido

KulturNav

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KulturNav
Instancia de
Parte de
Datas
Fundacion / creacion
20 de xaneiro de 2015
Localizacion
Pais de orixe
Identificadores
Freebase/m/012z701g
Fontes e ligazons
Paxina WEB
Wikidata

KulturNav e un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin e que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e e dirixido polo Consello das Artes de Noruega.[1] O proxecto iniciouse no 2013[2] e a paxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015.[3] E utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.[4]

Segundo o seu propio sitio web, KulturNav esta desenado para mellorar o acceso a informacion sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comuns. Asi, distintas institucions poden colaborar para construir unha base de datos e terminoloxia estandar.[5] Segundo o Centro de Arquitectura e Deseno Skeppsholmen, KulturNav posue un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.[6]

KulturNav emprega a tecnoloxia KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro.[4] KulturIT basease no sistema de datos con ligazons, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxia.[3]

A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non tenen un sistema de autenticacion e autorizacion, o que significa que so se pode consultar contido que sexa publico.[7] O sistema foi desenvolvido baseandose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.[8]

Proxectos

[editar | editar a fonte]

En marzo de 2015, o rexistro nacional de fotografia de Suecia iniciou o proceso de migracion a KulturNav.[9]

O proxecto de dixitalizacion do Museo de Historia Natural de Estocolmo, iniciado no 2016 e que se espera finalice no 2020, preve subir o material obtido a KulturNav ou unha plataforma similar.[10]

  1. | "Welcome to KulturNav" (en ingles). Consultado o 7 de agosto de 2016.
  2. | CuteStat. "Web Analysis for Kulturnav" (en ingles). Consultado o 7 de agosto de 2016.
  3. | 3,0 3,1 Consello das Artes de Noruega (14 de xaneiro de 2015). "Seminar Lansering av KulturNav" (en noruegues). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016.
  4. | 4,0 4,1 Ulf Bodin (11 de febreiro de 2014). "KulturNav" (PDF) (en sueco). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016.
  5. | "Vanlige sporsmal" (en noruegues). Consultado o 7 de agosto de 2016.
  6. | ArkDes. "Sok digitalt" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2016.
  7. | "KulturNav API" (en ingles). Consultado o 7 de agosto de 2016.
  8. | "Per Steneskog: Senior Consultant at Altrusoft AB". LinkedIn (en sueco).
  9. | Museo nordico. "Bidra med information till Nationella fotografregistret" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2016.
  10. | Museo de Historia Natural de Estocolmo. "Digitaliseringsplan 2016-2020" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2016.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]

Ligazons externas

[editar | editar a fonte]