Antonello da Messina
- Aragones
- l`rby@
- mSr~
- Belaruskaia
- B'lgarski
- bod-yig
- Catala
- Cestina
- Chavashla
- Deutsch
- Ellenika
- English
- Esperanto
- Espanol
- Eesti
- frsy
- Suomi
- Voro
- Francais
- `bryt
- Hrvatski
- Magyar
- Hayeren
- Bahasa Indonesia
- Ido
- Italiano
- Ri Ben Yu
- k`art`uli
- hangugeo
- Latina
- Ligure
- Lietuviu
- Latviesu
- mlyaallN
- Napulitano
- Nederlands
- Norsk nynorsk
- Norsk bokmal
- Polski
- Piemonteis
- Portugues
- Russkii
- Sardu
- Sicilianu
- Davvisamegiella
- Simple English
- Slovenscina
- Srpski / srpski
- Svenska
- aithy
- Tagalog
- Turkce
- Ukrayins'ka
- West-Vlams
- Zhong Wen
| Biografia | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Antonello di Giovanni di Antonio 1430 Messina, Italia |
| Morte | 14 de febreiro de 1479 - 25 de febreiro de 1479 (48/49 anos) Messina, Italia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura o oleo |
| Ocupacion | pintor |
| Xenero artistico | Retrato pictorico |
| Movemento | Primeiro Renacemento |
| Catalogo critico | The complete paintings of Antonello da Messina (en) (1967) |
| Profesores | Colantonio (pt) |
| Alumnos | Pietro de Saliba (pt) |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Paola da Messina, Iacobello De Antonio |
| Pai | Giovanni Di Michele Degli Antoni |
| Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Kunste, (sec:Antonello da Messina, 72) Le vite de' piu eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.20, Antonello da Messina pittore) Het Schilder-Boeck, (sec:Het leven van Antonello van Messina, Schilder., M131) |
Antonello di Giovanni d'Antonio (en siciliano: Antonellu di Giovanni d'Antoniu di Missina), chamado Antonello da Messina (ca. 1430 nas inmediacions de Messina-1479 en Messina) foi un pintor italiano nativo de Sicilia considerado como un dos introdutores das tecnicas pictoricas con oleo en Italia.
Integrante dunha familia do gremio de artesans ciceladores (mazoni), axina evolucionou cara as belas artes, destacando como pintor que reune a cultura luministica atmosferica dos pintores flamengos coa cultura monumental-perspectivista italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciase cos modelos locais. Atribuese a Antonello a Annunciata -ou Virxe da Anunciacion- cuxo modelo asemella ser a sua vecina e amiga da infancia: santa Eustochia Smeralda Calafato, da cal estaria namorado.
Entre 1445-1446 realiza a sua aprendizaxe mais sistematica con Colantonio en Napoles, tal aprendizaxe con Colantonio e testemunada por unha carta que Pietro Summonte envia a Marcantonio Michiel en 1524. Desta primeira epoca e o influxo -ainda prerrenacentista- que recibe da escola chamada "iberico-provenzal", caracterizada pola importancia da luz e a diafanidade.
Cara a 1450 suponse que traballa en Milan para os Sforza. Tal hipotese e case unha certeza xa que nas actas dos Sforza figuran como pintores contratados "Antonellus Sicilianus" e "Peter Brugensis"; o segundo e Petrus Christus do cal se ten perfecta constancia respecto a sua estancia en Milan e, mais ainda, do influxo que recibiu de Antonello da Messina. Na obra de Antonello da Messina unha das cuestions que mais chaman a atencion son os seus finos traballos o oleo sobre taboa, con -moitas veces- un detallismo e un rigor tipicos dos primitivos flamengos, e asi que os seus estudos da vexetacion lembran os de Jan van Eyck e a Roger van der Weyden. Esta mesma influencia flamenga percibese na harmonia de tons e a delicadeza con que representa rostros de moi definidos trazos.
A partir de 1460 a sua pintura volvese decididamente mais italiana e plenamente renacentista, xa que comeza a usa-la perspectiva e dar mais enfase o clarescuro. E en tal periodo que se nota influido por Piero della Francesca, influxo que lle dota dun profundo entendemento do sentido do espazo, de modo que as figuras que representa se destacan polos seus volumes nitidos chegando asi a unha logradisima sintese do "particularismo" e detallismo flamengo e os pierfrancescanos planteos espaciais, tal cal se nota en A Virxe e O Neno. En 1475 e xa celebre como mestre en toda Italia, sendo contratado en Venecia, cidade onde realiza a sua gran Retablo de san Casiano. Ali en Venecia e un precursor da chamada "Escola tonal veneta". Sentindose enfermo regresa a Messina, onde efectua os seus ultimos traballos "mal de corpo ainda que san de alma", finando en 1479.
Caracteriza toda a sua obra unha gran sinxeleza, xunto cun extraordinario talento para crear formas puras ata transfigurar a realidade tal como se percibe en A Virxe e O Neno, ainda que mais interesante e a sua coloratura chea de luz, unha luz que une delicadamente as cores e da extraordinaria claridade a gran parte dos seus cadros. Nos seus numerosos retratos (que incluen autorretratos) destacase un gran rigor formal e -sobre todo- unha gran penetracion psicoloxica.
Aprecio especial merece a sua Virxe da Anunciacion, gardada no Museo de "Palazzo Abatellis", en Palermo; en primeiro lugar chaman a atencion a disposicion das mans da Virxe, como nun plano de perspectiva distinto do conxunto, asi as mans aparecen adiantadas e suspendidas. O rostro da Virxe esta representado de tal maneira que se elude unha idealizacion de caracter mistico: e o rostro dunha bonita siciliana real. Tal realismo e obtido case imperceptiblemente con pequenos detalles (por exemplo, o pregamento do veo que cobre a virxe e un pregamento como de peza de lenceria recentemente tirada dun cofre). Tal muller destaca pola pel, contrastando co veo azul, e, a sua vez, o veo azul destaca "sobre" un fondo absolutamente escuro, dando unha atmosfera intima.
En 1915 o critico italiano Adolfo Venturi de Antonello da Messina dixo:
- "Clasico sen estudar os clasicos, minucioso, exacto como un mestre flamengo, luminoso como Piero della Francesca"...
Os seus influxos directos observanse na obra do xa citado Petrus Christus, asi como nas de Lorenzo Lotto, Zanetto Bugatto, Pier Maria Pennacchi e Giovanni Bellini.
Obras
[editar | editar a fonte]Algunhas das principais obras de Antonello da Messina:
- Autorretrato (1473)
- San Xeronimo no seu lectorium (1474)
- A Anunciacion (1474)
- Crucifixion (1474)
- Virxe da Anunciacion (1475)
- Retrato de home, (h. 1475), National Gallery de Londres.
- San Sebastian(1476)
- Retablo de san Casiano(1476)
- Cristo morto sostido por un anxo (h. 1479), Museo do Prado.
Vexase tamen
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Antonello da Messina |