Pintura
- Afrikaans
- Alemannisch
- 'amaarenyaa
- Aragones
- l`rby@
- ldrj@
- asmiiy'aa
- Asturianu
- Kotava
- Az@rbaycanca
- toerkhjh
- Bashk'ortsa
- Zemaiteska
- Bikol Central
- Belaruskaia
- Belaruskaia (tarashkevitsa)
- B'lgarski
- paiuwbhaasaa
- baaNlaa
- bod-yig
- bissnnupriy'aa mnnipurii
- Brezhoneg
- Bosanski
- Buriaad
- Catala
- Nokhchiin
- Cebuano
- khwrdy
- Corsu
- Cestina
- Chavashla
- Cymraeg
- Dansk
- Deutsch
- Zazaki
- Ellenika
- Emilian e rumagnol
- English
- Esperanto
- Espanol
- Eesti
- Euskara
- Estremenu
- frsy
- Suomi
- Na Vosa Vakaviti
- Francais
- Arpetan
- Nordfriisk
- Frysk
- Gaeilge
- Gan Yu
- Kriyol gwiyannen
- Avane'e
- gujraatii
- Gungbe
- Gaelg
- Hausa
- `bryt
- hindii
- Fiji Hindi
- Hrvatski
- Kreyol ayisyen
- Magyar
- Hayeren
- Arewmtahayeren
- Interlingua
- Bahasa Indonesia
- Ilokano
- Ido
- Islenska
- Italiano
- Ri Ben Yu
- Patois
- La .lojban.
- Jawa
- k`art`uli
- Kabiye
- K'azak'sha
- knndd
- hangugeo
- Kurdi
- Kernowek
- Kyrgyzcha
- Latina
- Letzebuergesch
- Lingua Franca Nova
- Limburgs
- Ladin
- Lombard
- laaw
- Lietuviu
- Latviesu
- Malagasy
- Olyk marii
- Makedonski
- mlyaallN
- Mongol
- mraatthii
- Bahasa Melayu
- Malti
- Mirandes
- mnmaabhaasaa
- Erzian'
- Napulitano
- Plattduutsch
- Nedersaksies
- nepaalii
- Nederlands
- Norsk nynorsk
- Norsk bokmal
- Dine bizaad
- Occitan
- pNjaabii
- Picard
- Polski
- Piemonteis
- pnjby
- pStw
- Portugues
- Pinayuanan
- Runa Simi
- Romana
- Russkii
- Rusin'skyi
- sNskRtm
- Sicilianu
- sndhy
- Srpskohrvatski / srpskokhrvatski
- siNhl
- Simple English
- Slovencina
- Slovenscina
- ChiShona
- Shqip
- Srpski / srpski
- Seeltersk
- Sunda
- Svenska
- Kiswahili
- tmilll
- telugu
- Toch'iki
- aithy
- Turkmence
- Tagalog
- Tolisi
- Turkce
- Ukrayins'ka
- rdw
- O`zbekcha / uzbekcha
- Veneto
- Vepsan kel'
- Tieng Viet
- Walon
- Winaray
- Wolof
- Wu Yu
- margaluri
- yyidySH
- Yoruba
- Vahcuengh
- Zeeuws
- Zhong Wen
- Wen Yan
- Min Nan Yu / Ban-lam-gi
- Yue Yu
| Pintura | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
A pintura e a arte da representacion grafica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes organicas ou sinteticas, en forma liquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuindolle matices, tons e texturas.[1] Nesta arte empreganse tecnicas de pintura, conecementos de teoria da cor e de composicion pictorica, e o debuxo. Nun sentido mais especifico, a practica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha tecnica determinada, para obter unha composicion de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo alguns principios esteticos.
Na arte, o termo "pintura" describe tanto o acto como o resultado da accion (a obra final chamase "pintura"). O soporte para as pinturas inclue superficies como paredes, papel, lenzo, madeira, vidro, laca, ceramica, follas, cobre e formigon, e a pintura pode incorporar outros materiais, en forma unica ou multiple, incluindo area, arxila , papel, carton, xornal, xeso, pan de ouro e mesmo obxectos enteiros.
A pintura e unha forma importante de arte visual, que incorpora elementos como o debuxo, a composicion, a xestualidade, a narracion e a abstraccion.[2] As pinturas poden ser naturalistas e representativas (como nos retratos, natureza morta e pintura paisaxistica, ainda que estes xeneros tamen poden ser abstractos), fotograficas, abstractas, narrativas, simbolistas (como na arte simbolista), emotivas (como no expresionismo) ou de natureza politica (como no artivismo).
Unha parte significativa da historia da pintura tanto na arte oriental como na occidental esta dominada pola arte relixiosa. Os exemplos deste tipo de pintura van desde obras de arte que representan figuras mitoloxicas en ceramica, ate escenas biblicas no teito da Capela Sixtina, pasando por escenas da vida de Buda (ou outras imaxes de orixe relixiosa oriental).
O arquitecto e teorico do clasicismo Andre Felibien, no seculo XVII, nun prologo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquia dos xeneros da pintura clasica: <>.
A pintura e unha das expresions artisticas mais antigas e unha das sete Belas Artes, e esta incluida como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estetica ou teoria da arte modernos a pintura esta considerada como unha categoria universal que comprende todas as creacions artisticas feitas sobre superficies. Unha categoria aplicable a calquera tecnica ou tipo de soporte fisico ou material, incluindo os soportes ou as tecnicas efemeras asi como os soportes ou as tecnicas dixitais.
A pintura e considerada por moitos como un dos soportes artisticos tradicionais mais importantes; moitas das obras de arte mais importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.
Diferenciase do deseno polo uso dos pigmentos liquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.
Definicion
[editar | editar a fonte]Unha pintura e o soporte pintado sobre un muro, un lenzo, ou unha lamina. A palabra pintura aplicase tamen a cor preparada para pintar,[1] asociada ou non a unha tecnica de pintura; neste sentido e empregado na clasificacion da pintura atendendo as tecnicas de pintar, por exemplo: <<pintura ao fresco>> ou <<pintura ao oleo>>.
A clasificacion da pintura pode atender a criterios tematicos (como a <
As pinturas son obras de arte, atendendo ao seu sentido estetico Ernst Gombrich di que:[3]
Non hai nada de malo en que nos deleitemos coa pintura dunha paisaxe porque nos recorda a nosa casa ou nun retrato porque nos recorda un amigo, xa que como homes que somos, cando miramos unha obra de arte estamos sometidos ao recordo dunha multitude de cousas que para ben ou para mal influen sobre os nosos gustos.Gombrich, Historia da arte (2002)
E parafraseando a Arnold Hauser:
Interpretamolas (as pinturas) de acordo con nosas propias finalidades e aspiracions, trasladamoslles un sentido, cuxa orixe esta nas nosas formas de vida e habitos mentais.
Ernst Bloch en Geist der Utopia (O espirito da utopia) (1918), defende a arte non figurativa, relacionandoa cunha concepcion utopica do home, como un destino non revelado pero presente de forma inconsciente no mais profundo do ser humano.[4]
Se a tarefa da pintura fora ponernos ante os ollos do aire e a preciosa vastedade do espazo e de todo o demais, mais valeria ir gozar directa e gratuitamente de todo aquilo.Ernst Bloch, O espirito da utopia (1918)
Erwin Panofsky e outros historiadores da arte, analizan o contido das pinturas mediante a iconografia (forma) e a iconoloxia (o seu contido), primeiro tratase de comprender o que representa, logo o seu significado para o espectador e, a continuacion, analizan o seu significado cultural, relixioso e social mais amplamente.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia da pintura.
A historia da pintura comprende desde a prehistoria ata a Idade Contemporanea, e inclue todas as representacions realizadas coas diferentes tecnicas e cambios, que coincide coa historia da arte no seu contexto historico e cultural.
A chamada arte parietal consiste en pintura mural feita dentro de covas, esta concentrase fundamentalmente nalgunhas rexions pirenaicas pertencentes a Francia e Espana e na costa mediterranea a arte levantina, outras mostras inferiores atopanse en Portugal, Norte de Africa, Italia e Europa Oriental. As pinturas rupestres mais antigas conecidas atopanse na cova de Chauvet, en Francia, datadas por alguns historiadores nuns 32.000 anos, entre os periodos Aurinaciense e Gravetiense. Foron realizadas con ocre de arxila, vermello de oxido de ferro e negro de dioxido de manganeso. Tamen e salientabel as pinturas realizadas nas covas de Lascaux e Altamira. Atopanse debuxados rinocerontes, leons, bufalos, mamuts, cabalos ou seres humanos a miudo en actitude de caza.[5]
As imaxes que se poden contemplar nas paredes das tumbas exipcias, remontanse a uns 5.000 anos, son escenas da vida cotia e de caracter mitoloxico, simbolizadas cos trazos caracteristicos de perfil e utilizando o tamano das figuras como rango social. Na Roma Antiga|Antiga Roma era normal decorar os muros das casas e palacios principais e entre as mellor conservadas atopanse as de Pompeia e Herculano. Na epoca paleocristia decoraronse as catacumbas con escenas do Novo Testamento e coa representacion de Xesus como o <
No renacemento tivo a pintura unha grande influencia clasica, desenvolveuse a perspectiva lineal e o conecemento da anatomia humana para a sua aplicacion na pintura, tamen nesta epoca apareceu a tecnica do oleo. Foi unha epoca de grandes pintores entre os que destacaron Leonardo da Vinci, Michelangelo, Rafael Sanzio e Tiziano. Na obra da Gioconda sobresaen as novas tecnicas empregadas por Leonardo, o sfumato e o clarescuro. Michelangelo realizou unha das mais grandes obras pictoricas: os frescos da Capela Sistina. Os artistas que mais empregaron temas simbolicos foron os do Norte de Europa encabezados polos irmans Jan van Eyck e Hubert van Eyck. En Alemana sobresaiu o pintor e humanista Durero.[6]
A Igrexa da contrarreforma busca a arte relixiosa autentica coa que quere contrarrestar a ameaza do protestantismo, e para esta empresa as convencions artificiais dos manieristas, que dominaran a arte durante case un seculo, xa non parecian adecuadas. As duas caracteristicas mais importantes do manierismo eran o rexeitamento das normas e a liberdade na composicion, nas cores e nas formas, a novidade dos caravaggistas era un naturalismo radical que combinaba a observacion fisica detallada cunha aproximacion, ata teatral e dramatica mediante o clarescuro, o uso de luz e sombra. Caravaggio e Annibale Carracci son dous pintores coetaneos, considerados decisivos na conformacion pictorica do barroco. A pintura barroca caracterizase polo dinamismo das suas composicions; distinguironse entre outros Velazquez, Rubens e Rembrandt. Na primeira metade do seculo XVIII impuxose o rococo, mais alegre e festivo que o barroco. Tivo especial importancia en Francia e Alemana.
O romanticismo de principios do seculo XIX expresaba estados de animos e sentimentos intensos. En Francia o pintor mais importante foi Eugene Delacroix; no Reino Unido, Constable e Turner; nos Estados Unidos, Thomas Cole; e en Espana, Francisco de Goya. Coa invencion da fotografia a mediados do seculo XIX, a pintura empezou a perder o seu obxectivo historico de proporcionar unha imaxe realista; o impresionismo, con Manet como precursor, e un estilo de pinceladas soltas e xustaposicion de cores que busca reconstruir un instante percibido, unha impresion, sen interesarse polos detalles concretos.[7]
O inicio do seculo XX caracterizase pola diversidade de correntes pictoricas: o fauvismo, que rexeita as cores tradicionais e achegase a cores violentas; o expresionismo, que mostraba mais os sentimentos que a reproducion fiel da realidade; o cubismo con Georges Braque e Pablo Picasso, coa descomposicion das imaxes tridimensionais a puntos de vista bidimensionais; e a pintura abstracta, herdeira do cubismo. O expresionismo abstracto desenvolveuse en Nova York entre os anos 1940-1950, o Pop art chegou un pouco despois, cun conecido exponente en Andy Warhol. O minimalismo caracterizase pola procura da maxima expresion cos minimos recursos esteticos. O seculo XXI demostra unha idea de pluralismo e as obras seguense realizando nunha ampla variedade de estilos e grande estetica.[6]
Xeneros pictoricos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xerarquia dos xeneros.
Os xeneros artisticos, ademais de clasificar as obras por temas, foron a presentacion artistica a traves da historia da pintura, que afectou tamen a tecnica, as dimensions, ao estilo e a expresion das obras de arte. Os autores como Platon (427-347 a. C.), Aristoteles (384-322 a. C.) e Horacio (65-8 a. C.) afirmaron que a arte e sempre unha mimese e que o seu merito esta no valor didactico do que representa e da sua boa representacion, sen establecer diferenzas entre o retrato imaxinado ou real. Vitruvio na segunda parte do seculo I, describiu a decoracion de comedores onde se vian imaxes con comida e doutras salas con paisaxes ou escenas mitoloxicas.[8]
No renacemento, Leon Battista Alberti quixo elevar o grao de <
A aparicion da pintura o oleo no seculo XVI e o coleccionismo, fixo que, ainda que non se perdese a monumentalidade para murais narrativos, xurdisen as pinturas mais comerciais e noutros formatos mais manexables, asi comezaron a clasificarse os xeneros pictoricos e a sua especializacion por parte dos artistas. Na Italia central continuouse facendo pintura historica, os pintores da parte norte da Peninsula Italica realizaban retratos e os dos Paises Baixos realizaron a pintura de xenero a pequena escala presentando a vida campesina, o paisaxe e a natureza morta. En 1667, Andre Felibien historiografo, arquitecto e teorico do clasicismo frances, nun prologo das Conferencias da Academia fai unha xerarquia dos xeneros da pintura clasica: <>.[10]
Pintura historica
[editar | editar a fonte]A pintura historica era considerada grande genre e incluia as pinturas con temas relixiosos, mitoloxicos, historicos, literarios ou alegoricos, era practicamente unha interpretacion da vida e mostraba unha mensaxe intelectual ou moral. Sir Joshua Reynolds, nos seus Discourses (Discursos) sobre arte expostos na Royal Academy of Arts entre 1769 e 1790 comentaba: <
Retrato
[editar | editar a fonte]Dentro da xerarquia dos xeneros, o retrato ten unha localizacion ambigua e intermedia, por unha banda, representa a unha persoa feita a semellanza de Deus, pero doutra banda, a fin e ao cabo, tratase de glorificar a vaidade dunha persoa. Historicamente, representouse os ricos e poderosos, pero co tempo, difundiuse, entre a clase media, o encargo de retratos das suas familias. Ainda hoxe, persiste a pintura de retrato como encargo de gobernos, corporacions, asociacions ou particulares. Cando o artista se retrata asi mesmo tratase dun autorretrato. Rembrandt explorou neste sentido cos seus mais de sesenta autorretratos. O artista en xeral intenta un retrato representativo, como afirmou Edward Burne-Jones: <>[12] Na tecnica do oleo foi Jan van Eyck un dos primeiros que o impuxo nos retratos, o seu Matrimonio Arnolfini foi un exemplo de retrato de parella en corpo completo. Durante o renacemento, representaron o status e exito persoal do retratado, sobresairon Leonardo da Vinci, Rafael e Durero.[13] En Espana destacaron Zurbaran, Velazquez e Francisco de Goya. Os impresionistas franceses tamen practicaron este xenero, Degas, Monet, Renoir, Vincent van Gogh, Cezanne etc. No seculo XX, Matisse, Gustav Klimt, Picasso, Modigliani, Max Beckmann, Umberto Boccioni, Lucian Freud, Francis Bacon ou Andy Warhol.[14]
Pintura de xenero
[editar | editar a fonte]A pintura de xenero ou <
Paisaxe
[editar | editar a fonte]A China e o Xapon son os primeiros paises onde, desde o seculo V, se atopan pinturas co tema da paisaxe. En Europa, ainda que aparecen elementos de paisaxe como fondo de escenas narrativas, ou tratados de botanica e farmacia, iniciase verdadeiramente no seculo XVI, cando coa aparicion do coleccionismo empezouse a pedir temas de cadros campestres e a designar como especialistas aos pintores do norte de Europa. Asi dun xeito especifico impuxose o tema da <
Natureza morta
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Natureza morta.
Natureza morte e o xenero mais representativo da imitacion da natureza de obxectos inanimados, en xeral da vida cotia, como froitas, flores, comida, utensilios de cocina, de mesa, libros, xoias etc. e podese dicir, que e o menos literario de todos os temas. A sua orixe esta na antiguidade onde se utilizaba para a decoracion de grandes salons, como os frescos romanos en Pompeia. Plinio o Vello relata que os artistas gregos de seculos antes, eran moi destros no retrato e nas naturezas mortas. Foi moi popular na arte occidental desde o seculo XVI, un exemplo e A carniceria de Joachim Beuckelaer. No mesmo seculo Annibale Carracci e Caravaggio representaron magnificas naturezas mortas. Durante o seculo XVII evolucionou nos Paises Baixos un tipo de bodegon, chamado <
Espido
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Nudez na arte.
O espido e un xenero artistico que consiste na representacion do corpo humano espido. E considerado unha das clasificacions academicas das obras de arte. Ainda que se adoita asociar ao erotismo, o espido pode ter diversas interpretacions e significados, desde a mitoloxia ata a relixion, pasando polo estudo anatomico, ou ben como representacion da beleza e ideal estetico de perfeccion, como na Antiga Grecia. O estudo e representacion artistica do corpo humano foi unha constante en toda a historia da arte, desde a prehistoria (Venus de Willendorf) ata os nosos dias. Unha das culturas onde mais proliferou a representacion artistica do espido foi na Antiga Grecia, onde era concibido como un ideal de perfeccion e beleza absoluta, concepto que perdurou na arte clasicista chegando ata os nosos dias, e condicionando en boa medida a percepcion da sociedade occidental cara ao espido e a arte en xeral. Na Idade Media a sua representacion circunscribiuse a temas relixiosos, sempre baseados en pasaxes biblicos que asi o xustificasen. No renacemento, a nova cultura humanista, de signo mais antropocentrico, propiciou o retorno do espido a arte, xeralmente baseado en temas mitoloxicos ou historicos, perdurando igualmente os relixiosos. Foi no seculo XIX, especialmente co impresionismo, cando o espido empezou a perder o seu caracter iconografico e a ser representado simplemente polas suas calidades esteticas, o espido como imaxe sensual e plenamente autorreferencial.[18]
Tecnicas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Tecnicas de pintura.
As tecnicas de pintura dividense de acordo a como se diluen e fixan os pigmentos no soporte a pintar. En xeral, e nas tecnicas a continuacion expostas, se os pigmentos non son solubles o aglutinante permanecen dispersos nel.[19]
Oleo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pintura o oleo.
Na pintura o oleo o vehiculo empregado para fixar o pigmento son diferentes tipos de aceites, disolvente e trementina. A pintura o oleo faise basicamente con pigmento pulverizado seco, mesturado na viscosidade adecuada con algun aceite vexetal. Estes aceites secanse mais lentamente que outros, non por evaporacion senon por oxidacion. Formanse capas de pigmento que se incrustan na base e que, se se controlan coidadosamente os tempos de secado, fixaranse correctamente nas seguintes capas de pigmento. Este proceso de oxidacion confire riqueza e profundidade as cores do pigmento seco, e o artista pode variar as proporcions de aceite e disolventes, como a trementina, para que a superficie pintada mostre toda unha gama de calidades, opaca ou transparente, mate ou brillante. Por esta e por outras razons, o aceite pode considerarse como o medio mais flexible. Usado dun xeito conveniente, a pintura ao oleo cambia moi pouco de cor durante o secado ainda que, a longo prazo, tende a amarelar lixeiramente. A sua capacidade de soportar capas sucesivas, permite ao artista desenvolver un concepto pictorico por etapas - Edgar Degas (1834-1917) chamaba este proceso ben amenee (ben levado)- e a lentitude de secado permitelle retirar pintura e repasar zonas enteiras. As fotografias con raios X demostran que ata os grandes mestres introducian a miudo cambios durante o proceso de realizacion dun cadro.[20]
Cera
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: encaustica.
O vehiculo son ceras que normalmente se usan quentes. A encaustica, que deriva do grego enkaustikos ('gravar a lume'), e unha tecnica de pintura que se caracteriza polo uso da cera como aglutinante dos pigmentos. A mestura ten efectos moi cubridores e e densa e cremosa. A pintura aplicase cun pincel ou cunha espatula quente. A terminacion e un puido que se fai con trapos de lino sobre unha capa de cera quente previamente estendida (que neste caso xa non actua como aglutinante senon como proteccion). Esta operacion chamase <
Acuarela
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Acuarela.
A acuarela e unha pintura sobre papel ou cartolina con cores diluidas en auga. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e as veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actua como outro verdadeiro ton. Componse de pigmentos aglutinados con goma arabiga ou mel. Nos seus procedementos empregase a pintura por capas transparentes, a fin de lograr maior brillantez e soltura na composicion que se esta realizando. Require do artista a seguridade nos trazos e espontaneidade na execucion, xa que o seu maior merito consiste no frescor e a transparencia das cores. Con todo existe a acuarela hiperrealista que vai en contra deste postulado e que utiliza vernices para non remover as primeiras capas e dar sucesivas veladuras co que se consegue un clarescuro moi detallado pero carente da translucidez da acuarela clasica.[22]
Tempera
[editar | editar a fonte]A tempera ou gouache e un medio similar a acuarela, pero ten unha <
Acrilico
[editar | editar a fonte]A pintura acrilica e unha clase de pintura de secado rapido, na que os pigmentos estan contidos nunha emulsion dun polimero acrilico (cola vinilica, xeralmente). Ainda que son solubles en auga, unha vez secas son resistentes a mesma. Destaca especialmente pola rapidez do secado. Asi mesmo, ao secar modificase lixeiramente o ton, mais que no oleo. A pintura acrilica data da primeira metade do seculo XX, e foi desenvolvida paralelamente en Alemana e Estados Unidos. O pintor Jackson Pollock utilizou as pinturas acrilicas tal como saen dos tubos para conseguir texturas novas e espesas mentres que Morris Louis diluiaas con gran cantidade de auga para pintar grandes teas que quedaban cun efecto de tinguido mais que de pintura.[24]
Pastel
[editar | editar a fonte]A tecnica da pintura ao pastel consiste na utilizacion dunhas barras de cores cuxos pigmentos en po estan mesturados coa suficiente goma ou resina para que queden aglutinados e formen unha pasta seca e compacta. A palabra pastel deriva da pasta que asi se forma; e pasta modelada en forma dunha barrina do groso aproximado dun dedo que se usa directamente (sen necesidade de pinceis nin espatulas, nin de disolvente algun) sobre a superficie a traballar, como soporte e comun utilizar papel de boa calidade de boa gramaxe de cor neutro non branco e de lixeira rugosidade, ainda que a tecnica e o suficientemente versatil para que se poida usar sobre outras superficies tales como madeira. Son cores fortes e opacos, a maior dificultade e a adhesion do pigmento a superficie a pintar, polo que se adoita usar o finalizar o debuxo fixadores atomizados (spray) especiais. O pastel xeralmente usase como o <
Tinta
[editar | editar a fonte]A presentacion da tinta, tamen chamada tinta chinesa, e xeralmente liquida ainda que tamen pode ser unha barra moi solida que se debe moer e diluir para o seu uso. Usase sobre papel e as cores de tinta mais utilizados son o negro e o sepia, ainda que hoxe en dia usanse moitos outros. A tinta aplicase de varios xeitos, por exemplo con pluma ou plumin, que son mais adecuados para debuxo ou caligrafia e non para cadros, as diferentes puntas de plumina utilizanse cargadas de tinta para facer linas e con elas debuxar ou escribir. Outro recurso para aplicar a tinta e o pincel, que se utiliza basicamente como a acuarela e que se chama augada, pero a tecnica milenaria chamada caligrafia ou escrita xaponesa tamen esta feita con tinta e pincel sobre papel. Outras formas mais utilitarias de usar a tinta e o tiralinas (cargador de tinta) ou rapidograph. A tinta xunto co grafito son mais ben tecnicas de debuxo.
Fresco
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Fresco.
A miudo o termo fresco usase incorrectamente para describir moitas formas de pintura mural. O verdadeiro fresco e as tecnicas pictoricas modernas o que o latin e aos idiomas modernos. A tecnica do fresco basease nun cambio quimico. Os pigmentos de terra moidos e mesturados con auga pura, aplicanse sobre unha argamasa recente de cal e area, mentres o cal esta ainda en forma de hidroxido de calcio. Debido ao dioxido de carbono da atmosfera, o cal transformase en carbonato de calcio, de maneira que o pigmento cristaliza no seo da parede. Os procedentes para pintar ao fresco son sinxelos pero laboriosos e consomen moito tempo. Esta tecnica de pintura adoita ser estable e de longa duracion, ainda que se pode danar por causas fisicas, quimicas ou bacterioloxicas, a mais frecuente e a humidade que consegue a alteracion das cores ante a disolucion do carbonato de calcio e o desenvolvemento do mofo.[26]
Grisalla
[editar | editar a fonte]
A grisalla e unha tecnica pictorica baseada nunha pintura monocroma en clarescuro: <
Puntillismo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Puntillismo.
O puntillismo e a tecnica que xurdiu no neoimpresionismo polo estudo practicado principalmente polo pintor Georges Seurat, que consiste en colocar puntos pequenos esfericos de cores puras, en lugar da tecnica de pinceladas sobre o soporte para pintar. Ao haber relacions fisicas entre as cores, a interaccion entre os primarios e complementarios, conseguen coa posicion duns xunto a outros a mestura optica, a partir dunha certa distancia do cadro, que e capaz de producir o efecto da union entre eles.[28]
Dripping
[editar | editar a fonte]O dripping e unha pintura automatica, que segundo os surrealistas conseguese con ela unha pintura casual, feita con pingas e salpicaduras de pintura, e a tecnica pictorica caracteristica da <
Graffiti
[editar | editar a fonte]Realizase cunha pintura envasada en aerosois que se utiliza pulsando o boton superior polo que sae nunha aspersion moi fina e permite pintar grandes superficies, normalmente os muros das ruas, a pintura conseguida deste xeito denominaselle graffiti. A finais do ano 1970 empezaronse a ver moitas destas obras urbanas asinadas e cada vez mais elaboradas, ata se fabrican pintura en aerosol exclusivamente para estes artistas, as veces utilizanse modelos para recortar a superficie que se quere pintar, asi como tamen hai outros modelos para letras no mercado, ainda que o mais corrente e que os propios artistas fagan as suas.
Tecnicas mixtas
[editar | editar a fonte]As veces empreganse diversas tecnicas nun mesmo soporte. A colaxe por exemplo, que e unha tecnica artistica (non pictorica por non ser pintada), convertese nunha tecnica mixta cando ten algunha intervencion con guache, oleo, tinta ou calquera outra pintura.[29]
Finalmente, seria conveniente distinguir entre <
Materiais
[editar | editar a fonte]Existe informacion sobre os materiais empregados polos artistas en documentos escritos, notas dirixidas a outros artistas e outra fonte e o exame tecnico e cientifico das obras de arte. Estes exames serven tamen para reforzar as probas documentais. Como e natural os materiais empregados a partir do seculo XX son moito mais numerosos e exhaustivos.[31]
Soportes
[editar | editar a fonte]O soporte cumpre a funcion de ser o portador do fondo e das capas de pintura. Os soportes son moi variados, os mais tradicionais son o papel, o carton, a madeira, o lenzo e os muros, aos que se pode engadir o metal, o vidro, o plastico ou o coiro entre outros. Todos necesitan dunha imprimacion especial segundo o procedemento pictorico que se queira seguir.[32]
Taboa de madeira
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pintura sobre taboa.
A taboa de madeira foi dos soportes mais utilizados desde sempre, os artistas exipcios xa pintaban sobre a madeira dos sarcofagos e especialmente na Idade Media, os retablos ou os frontais do altar. A sua imprimacion e suficiente cunha capa de cola ou en caso de ter que dourar con pan de ouro, hai que facer outra preparacion de colas, xeso e arxila previas, e tamen foi o principal soporte para a pintura de cabalete europea ata o seculo XV.[33] A madeira maciza empregada antigamente tinase que cubrir con tiras de tea de lino encoladas para disimular as xuntas, tamen as veces cubriase completamente coa tea, asi evitabanse posibles gretas posteriores. Asi o explica Cennino na sua obra Il Libro dell'Arte do ano 1390.[34] Utilizabase tamen o contrachapado e o conglomerado, taboleiros prefabricados que ofrecen a caracteristica de ter as superficies lisas e sen unions, atopase o chamado tablex que ademais de lixeiro, ten duas caras unha lisa e outra rugosa, adoitase utilizar pola parte rugosa xa que a lisa necesita unha preparacion para que a pintura se adhira a ela correctamente.[35]
Lenzo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lenzo.
Plinio o Vello narrou que o emperador Neron encargou un retrato seu sobre unha tea de 36,5 metros de longo. Heraclio no seu manuscrito De Coloribus te Artibus Romanorum do seculo X, describia como se preparaba un lenzo de lino para poder pintalo e douralo, tensando a tea e preparandoa con cola de pergamino. A pintura sobre tea foi utilizada sobre todo no norte de Europa e despois en Italia pola sua gran lixeireza, a partir do seculo XVIII fixose corrente a sua utilizacion en bastidor fixo e desde o seculo XIX comercializouse en serie.[33]
Os lenzos mais usados son os provenientes de fibras vexetais como : o canabo, o lino, o iute con tramado fino ou o algodon, todos presentanse con gran fino ou groso segundo o resultado que queira o artista do seu traballo, tamen hai soportes realizados con tecido de poliester. Estes lenzos podense adquirir a metros e montalos sobre marco o propio pintor ou utilizar os que hai no mercado de diferentes tipos e formatos. Existe unha numeracion internacional para as medidas de longo e ancho de cada bastidor, ademais tres formatos diferentes para cada numero que corresponde a: <
Cobre
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cobre.
O cobre non e un soporte moi comun, pero foi usado principalmente durante o seculo XVI en laminas moi delgadas e por pintores do norte de Europa, como o artista aleman Adam Elsheimer. O tamano normalmente pequeno destas pranchas fai pensar que os artistas que as empregaron, reciclaronas de antigos gravados.[33]
Vidro
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Vidro.
Outro soporte para pintar e o vidro, realizado en obxectos (xerras, vasos) con esmalte que unha vez decorados en frio, debe ser sometido, para a sua fixacion ao soporte, a calor do forno cunha temperatura inferior a fusion do vidro.[[38] Foi o soporte para vidreiras de catedrais desde o seculo XII, onde se colocaban cristais de cores e a pintura sobre o mesmo vidro por medio da grisalla, asi se conseguia por unha banda, cambiar a cor do cristal de fondo e por outro, facer os trazos das figuras representadas, especialmente os rostros.[39]
Papel
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Papel.
Dataronse achados de papel procedentes da China cerca do 200 a. C. Dase como inventor do papel ao chines Cai Lun (50-121), eunuco imperial, que mellorou a formula do papel, convertendoo nunha alternativa ao papiro e ao pergamino, os soportes tradicionais para a escritura, grazas ao engadido de amidon que protexia as fibras vexetais. O soporte do papel e utilizado en diversas tecnicas pictoricas, as mais correntes son a acuarela, o gouache, o pastel e a tinta chinesa negra ou en cores. Hai gran variedade de texturas, pesos e cores, e a sua eleccion depende do estilo do artista. Existen tres tipos estandares:
- Papel prensado en quente: ten unha superficie dura e lisa, moitos artistas considerano unha superficie demasiado esvaradia para a acuarela.
- Papel prensado en frio: e texturado, semiaspero, adecuado para lavados amplos e lisos.
- Papel aspero: cunha superficie granulada, cando se aplica un lavado obtense un efecto moteado polas cavidades do papel.
O peso do papel e a segunda consideracion para a sua eleccion, xa que un papel mais pesado ten menos tendencia a ondularse. Para evitar que o papel se ondule hai que tensalo. A gramaxe apropiada para a acuarela e entre 120 g/m2 e 850 g/m2.
Pinceis
[editar | editar a fonte]Os pinceis, son un instrumento clasico e efectivo que o pintor emprega no seu traballo. Os pinceis poden variar en tamano, anchura, e calidade. Os materiais dos componentes dos pinceis e brochas poden ser organicos ou sinteticos.
O pincel consta de tres partes: o pelo, a ferula ou virola e o mango. Distinguense polo pelo e a sua forma, os planos e os de <
Fondos
[editar | editar a fonte]Na diversidade de soportes, afaise a modificar antes de comezar a pintar neles, cun tratamento de imprimacion o fondo, que alcanza unha superficie pintada coa cor e a textura desexada polo artista. Adoitaban facerse por medio organico como o aceite ou a cola, mesturado coa cor branca ou coloreado, estes medios adhesivos foron as colas de animais e de peixe, os secantes e as emulsions de ovo, aceite ou resina , a cor solida adoitaba ser a cal, a pedra pomez e a terra ocre. Isto definia tamen o efecto visual da obra finalizada. Esta cor no fondo do soporte, consegue nun branco reflectir a luz a traves das capas de pintura e si e unha cor escura tende a rebaixar o ton da pintura.[41]
Segundo Giorgio Vasari explica no seu tratado Sobre a tecnica no prologo tecnico de Le vite (1550), os fondos oleosos tenen a vantaxe de conservar a sua flexibilidade nos lenzos de grandes dimensions e que se poidan enrolar para trasladalos, ainda que necesitan dun tempo maior para o seu secado. Durante os seculos XVII e XVIII utilizaronse moito os fondos pintados con tons de terra avermelladas, o que permitia deixar alguns espazos sen poner pintura e o cadro ganaba en uniformidade tonal. Desde o seculo XIX os fondos comerciais foron preparados industrialmente con branco de chumbo e secante.[42]
Pigmentos
[editar | editar a fonte]Os pigmentos dividense en inorganicos como os derivados de minerais, as terras, sales ou oxidos cos que se conseguen as cores de terras ocres e sienitas, e os organicos derivados de vexetais ou animais como os conseguidos por coccion de sementes ou calcinacion e os obtidos por via sintetica como anilinas tamen de composto organico. Os organicos adoitan ser menos estables que os inorganicos. O pigmento xunto co aglutinante forma a pintura. O aglutinante e o que permite alcanzar a fluidez no pigmento e conseguir a adhesion da pintura na superficie, pode ser acuoso ou graxo. O disolvente ten a mision de diluir ou disolver e o seu tipo depende da clase do aglutinante empregado. Asi o augarras dilue o aceite e disolve a resina, e a auga disolve a goma e unha vez disolta, tamen pode diluila mais.[43]
Segundo o indice de opacidade da pintura utilizada, a medida que pasan os anos, pode captar mellor o fondo dunha pintura e os <
Notas
[editar | editar a fonte]- | 1,0 1,1 Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pintura.
- | Perry, Lincoln (Summer 2014). "The Music of Painting". The American Scholar 83 (3). p. 85.
- | Gombrich 2002: p.15
- | Givone 2001: p.117
- | Sureda 1988: pax.60-75
- | 6,0 6,1 6,2 La Gran enciclopedia en catala 2004 Volume XVI
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1109
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1074
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1075
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1076
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1077-1081
- | Aymar 1967: p.94
- | Aymar 1967: p.161
- | Aymar 1967: p.188
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1086-1087
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1090-1091
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1092-1095
- | Calvon Serraller 2005, p. 62.
- | Colin Hayes. Guia Completa de Pintura y Dibujo. Tecnica y Materiales. Blume Ediciones.
- | Maltese 2001: p.309
- | Fuga 2004: p.97
- | Maltese 2001: p.317
- | Maltese 2001: p.320
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1179
- | Fuga 2004: p.39-41
- | Fuga 2004: p.106
- | La Gran enciclopedia en catala-V.10 2004
- | Suarez/Vidal 1989: p.38
- | Fuga 2004: p.370
- | Pedrola 1988: p.21
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1160
- | Pedrola 1988: p.23
- | 33,0 33,1 33,2 Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1162
- | Pedrola 1988: p.37
- | Pedrola 1988: p.38
- | Pedrola 1988: p.44-48
- | Pedrola 1988: p.53
- | Maltese 2001: p.146
- | Maltese 2001: p.358
- | Pedrola 1988: p.27
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1163
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1164
- | Pedrola 1988: p.24
- | Historia Universal del Arte-V.8 1984: p.1165-1167
Vexase tamen
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Pintura |
Bibliografia
[editar | editar a fonte]- Aymar, Gordon C (1967). The Art of Portrait Painting (en ingles). Filadelfia: Chilton Book Co.
- Calvon Serraller, Francisco (2005). Los generos de la pintura. Taurus, Madrid. ISBN 84-306-0517-7.
- DDAA (2004). La Gran enciclopedia en catala:Volume X. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-5438-5.
- DDAA (2004). La Gran enciclopedia en catala:Volume XVI. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-297-5444-X.
- DDAA (1984). Historia Universal del Arte. Madrid: Sarpe. ISBN 84-7291-596-4.
- Fuga, Antonella (2004). Tecnicas y materiales del arte. Barcelona: Electa-Mondadori. ISBN 84-8156-377-3.
- Givone, Sergio (2001). Historia de la estetica. Barcelona: Lumen. ISBN 84-309-1897-3.
- Gombrich, Ernst (2002). Historia de l'art (en catalan). Barcelona: Columna. ISBN 84-8300-768-1.
- Maltese, Conrado (2001). Las tecnicas artisticas. Madrid: Catedra. ISBN 84-376-0228-9.
- Pedrola i Font, Antoni (1988). Materials, procediments i tecniques pictoriques (en catalan). Barcelona: Universitat de Barcelona. ISBN 84-7528-588-0.
- Suarez, Alicia; Vidal, Merce (1989). Historia Universal del Arte: Volume IX. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-8909-5.
- Sureda, Joan (1988). Historia Universal del Arte:Las primeras civilizaciones Volume I. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-6681-8.