Terra nullius
Este artigo ou seccion precisa dunha revision do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicions semellantes. |
Terra nullius (plural terrae nullius) e unha expresion latina proveniente do Dereito romano que significa "terra de ninguen" (do mesmo xeito que res nullius fai referencia a unha cousa que non e propiedade de ninguen). Utilizase no ambito do dereito internacional para denominar un territorio que nunca foi sometido a soberania dun Estado, ou sobre o cal un Estado renunciou, expresa ou implicitamente, a sua soberania.[1] A soberania sobre un territorio declarado terra nullius pode adquirirse por ocupacion, ainda que nalguns casos isto pode suponer a violacion dunha lei ou tratado internacional.[2]
O sentido actual de terra nullius deriva dunha bula de 1095 titulada Terra Nullius, emitida polo papa Urbano II, pola que se lles permitia aos estados cristians europeos reclamar a soberania de territorios habitados por pobos non cristians.[3] Esta concepto utilizouse posteriormente durante a epoca colonial para reclamar os territorios das colonias como espazos non ocupados e que, por tanto, o Estado conquistador podia ocupar legalmente. Nesa epoca tamen se utilizou o concepto no ambito do Dereito privado, para privar os pobos indixenas dos seus dereitos de propiedade sobre esas terras e permitir a reparticion da propiedade entre os colonos.
Reclamacions historicas de terra nullius
[editar | editar a fonte]- Australia. Ao longo da sua historia houbo reclamacions de terra nullius, maiormente a partir do seculo XIX por parte da colonizacion europea. Este principio foi invocado para xustificar a colonizacion de Australia por Gran Bretana e as expropiacions de terras dos pobos aborixes. En 1992, o Tribunal Supremo de Australia invalidou con caracter retroactivo tal argumento e proclamou que Australia non fora nunca un caso de terra nullius.[4][5][6]
- Svalbard. Este arquipelago foi considerado terra nullius ate que se lle reconeceu internacionalmente a Noruega a sua soberania no Tratado de Svalbard o 9 de febreiro de 1920. Anteriormente, Escocia, os Paises Baixos e o Reino de Dinamarca e Noruega reivindicaran a sua soberania e tiveran ali asentamentos non permanentes.[7]
- Groenlandia. Noruega ocupou e reclamou na decada de 1920 partes do leste de Groenlandia daquela deshabitadas, alegando que se trataba de terra nullius. O asunto foi resolto polo Tribunal Permanente de Xustiza Internacional contra os intereses de Noruega.
- Antartida. Desde a primeira metade do seculo XX varios paises reclamaron partes do continente acollendose ao principio de terra nullius.
- Atol de Scarborough. Tanto as Filipinas como a Republica Popular da China e a Republica da China (Taiwan) reclamaron este illote de arrecife proximo a illa de Luzon, no Mar da China Meridional. As Filipinas alegan os principios de terra nullius e de "zona economica exclusiva", entanto que os outros dous estados argumentan razons historicas.
- Nova Zelandia. En 1840, o capitan William Hobson, seguindo instrucions do Goberno britanico, declarou a Illa Sur de Nova Zelandia "deshabitada por xente civilizada". Isto cualificaba o territorio como terra nullius e, xa que logo, permitia a sua ocupacion por parte de Gran Bretana.
- Canada. Joseph Trutch, o primeiro gobernador da Columbia Britanica, declarou que os pobos indixenas conecidos como Primeiras Nacions nunca posuiran territorios, co que podian ser ignorados ante a expansion europea. Por este motivo, a maior parte da Columbia Britanica segue a ser ainda "territorio non cedido".[8]
- Illas de Guano. A Lei federal estadounidense de Illas de Guano (Guano Islands Act), do 18 de agosto de 1856, permitia tomar posesion das illas formadas por depositos de guano, sempre que non estivesen habitadas nin baixo a soberania doutros estados. A lei tamen facultaba a presidencia dos EUA para utilizar o exercito na proteccion deses intereses.
- Illas Senkaku. Situado no Mar da China Oriental, e un arquipelago deshabitado reclamado polo Xapon como terra nullius en xaneiro de 1895, a partir da primeira guerra sino-xaponesa. Poren, esta interpretacion non foi aceptada pola Republica Popular da China nin pola Republica da China (Taiwan), que tamen reclaman a sua soberania.
- Burkina Faso e Nixer. Unha faixa estreita da terra ao longo da fronteira entre estes paises permaneceu anos sen ser reclamada por ningun deles. En 2013, o Tribunal Internacional de Xustiza outorgoulle a Nixer esta antiga terra nullius, no marco da solucion procurada a outras disputas territoriais de maior calado.[9]
- Illa Clipperton. A soberania desta illa en disputa entre Francia e Mexico resolveuse por mediacion do rei Vitor Manuel III de Italia. Este determinou en 1931 que a soberania da illa lle correspondia a Francia "desde o 17 de novembro de 1858". O argumento principal de Mexico foi rexeitado por non poder probar que fose descuberta por Espana. Ademais, Mexico non a ocupara estabelmente antes de 1858, polo que se trataba de terra nullius cando Francia a ocupou e mantivo habitada con continuidade."[10]
- Sealand. O Principado de Sealand existe de facto desde 1967 nunha torre de defensa antiaerea do Mar do Norte abandonada pola Royal Navy britanica, fora das suas augas territoriais. Paddy Roy Bates, quen se autonomeou principe, reclamou o espazo como terra nullis. Malia rexeitar esta reclamacion con base en que a torre e unha estrutura artificial, o Goberno Britanico nunca a intentou desaloxar, e determinouse en 1968 que a torre estaba fora da xurisdicion britanica.[11]
- Sahara Occidental. Ante a comunicacion da Asemblea Xeral das Nacions Unidas, o 16 de outubro de 1975 o Tribunal Internacional de Xustiza matizou que non se pode considerar terra nullius un territorio habitado por tribos ou pobos que tenan unha organizacion social e politica.
Terrae nullius reconecidas na actualidade
[editar | editar a fonte]- Bir Tawil. Situado entre Exipto e Sudan, e un territorio de 2.060 km2 resultado dunha discrepancia entre as fronteiras desenadas en 1899 e en 1902. Unha fronteira colocou Bir Tawil baixo o control do Sudan e o Triangulo de Hala'ib baixo control exipcio, entanto que a outra fronteira o fixo ao reves. Ambos os paises reclaman a fronteira que lles outorgaba o Triangulo de Hala'ib, significativamente mais grande e lindante ao Mar Vermello, co efecto de que Bir Tawil non e reclamado por ningunha das duas nacions. A zona, que carece de poboacion autoctona, esta baixo o control de facto de Exipto, ainda que non figura nos seus mapas oficiais.[12] Bir Tawil non ten unha poboacion establecida, pero a terra e utilizada polos beduinos que percorren a zona.[13] En xuno de 2014, Jeremiah Heaton reclamou que Bir Tawil se considere un novo Estado soberano, o Reino do Sudan do Norte,[14][15][16][17] e mesmo anunciou o estabelecemento de "embaixadas" polo mundo, ainda que ningun goberno reconeceu este estado.
- Territorios entre Croacia e Serbia. Como consecuencia da disputa fronteiriza entre estes estados, hai algunhas zonas na ribeira occidental do rio Danubio non reclamadas por ningun dos dous. Serbia ten control de facto sobre zonas onde se superponen as reclamacions territoriais de ambas, mentres Croacia teno sobre os territorios que ningun dos dous reclama.[18] En 2015, o activista checo Vit Jedlicka declarou unilateralmente a Republica Libre de Liberland, baseada en ideais libertarios, que reclama a zona mais grande en disputa na marxe occidental do Danubio.[19][20][21] Pouco despois, declararonse tamen o Reino de Enclava e o Principado de Ongal, que reclaman certos territorios na zona.[22][23] O Ministerio de Asuntos Estranxeiros e Europeos de Croacia rexeitou esta reclamacion, expondo que as disputas fronteirizas entre Serbia e Croacia non implican terra nullius e non estan suxeitas a ocupacion por terceiros.[24]
- Territorios entre Eslovenia e Croacia. Brezovica pri Metliki e unha aldea do sueste de Eslovenia, a uns 50 km de Zagreb, a capital de Croacia. Brezovica Zumberacka e unha localidade croata que esta rodeada por dita aldea eslovena. Este enclave aparece formando parte dos mapas do catastro de ambos os Estados, malia diferir lixeiramentenos seus limites. Croacia ten un segundo exclave a 400 metros de Brezovica Zumberacka, rodeado por terreos que non se consideran seus e que tampouco reclaman nin Eslovenia nin Croacia.[25] Xa que logo, estes terreos lindan formalmente con Eslovenia e con terra nullius.
- Zonas non reclamadas da Antartida. Mentres que varios paises reivindicaron partes da Antartida, a maior parte da Terra de Marie Byrd (a parte oriental de 150degW) non foi reclamada por ningunha nacion soberana. Conecense, poren, duas reclamacions de micronacions sobre este territorio: o Gran Ducado de Westarctica e o Reino de Talossa. Os paises que asinaron o Tratado Antartico de 1959 acordaron non facer tales reclamacions, agas a Union Sovietica e os EUA, que reservaron o seu dereito a facelo. A reclamacion norueguesa da Terra da Raina Maud deixou indefinida a fronteira sur, polo que esa parte tamen foi territorio non reclamado.[26] Noruega resolveu esta ambiguidade o 12 de xuno de 2015 cando anexionou formalmente esta zona.[27]
- Augas internacionais. Os paises que asinaron a Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar de 1982 reconecen as augas internacionais e os fondos marinos internacionais como patrimonio comun da humanidade.
- Corpos astronomicos. Segundo o Tratado do Espazo Exterior de 1967, o espazo exterior, que abrangue a Lua e outros corpos astronomicos, non son susceptibles de apropiacion nacional, nin mediante ocupacion nin por ningun outro medio. Para os paises que asinaron o tratado, os corpos astronomicos son tratados, de iure, baixo os principios do patrimonio comun da humanidade.[28]
Limites da xurisdicion e a soberania nacional
[editar | editar a fonte]Os principais tratados que definen a soberania alen dos territorios de terra firme son o Tratado do Espazo Exterior e mais a Convencion das Nacions Unidas sobre o Dereito do Mar. Estes tratados confirman a total xurisdicion nacional sobre as augas costeiras e sobre a plataforma continental. Existen limitacions que permiten aos buques estranxeiros o dereito de paso e a outros Estados o paso de tubaxes e cables polas augas territoriais, pola zona economica exclusiva e pola superficie da plataforma continental. As entidades actuais que exercitan xurisdicion e dereitos de soberania son:
- Os 193 estados membros das Nacions Unidas.
- A Santa Se, Palestina e os estados observadores das Nacions Unidas.
- As Illas Cook e Niue, representadas en asuntos estranxeiros por Nova Zelandia.
- Os 17 territorios non autonomos con dereito de autodeterminacion reconecido polas Nacions Unidas, actualmente baixo a xurisdicion de cinco membros da ONU.
- Os 10 estados non reconecidos ou con reconecemento limitado.
Notas
[editar | editar a fonte]- | Interpretacion da expresion terra nullius pola ONU. Foro Permanente para as Cuestions Indixenas. Paxina 16. 2010. [En castelan]
- | Tribunal Supremo dos Estados Unidos. "New Jersey v. New York, 523 US 767 (1998). A pesar de que tratarse de terra nullius, como unha illa volcanica ou un territorio abandonado polo seu antigo soberano, un demandante con dereito ten que facer algo mais que chantar unha bandeira ou erguer un monumento. Desde o seculo XIX viuse que, como moito, a descuberta acompanada de actos simbolicos non supuxo mais que un "titulo imperfecto, unha opcion", en comparacion con outros estados, para consolidar os primeiros pasos ao proceder a ocupacion efectiva nun tempo razoable. [En ingles]
- | Pramod K. Nayar (2015). The Postcolonial Studies Dictionary. John Wiley & Sons. p. 153. ISBN 9781118781029. [En ingles]
- | Veracini, L. Terra nullius and the "history wars". Unha analise da denegacion de Michael Conner de terra nullius en Australia. [En ingles]
- | Tribunal Supremo de Australia. Mabo and others vs. Queensland. Aborigines - Constitutional Law - Real Property. No 2. 1992. [En ingles]
- | Tribunal Supremo de Australia. Wik Peoples vs. Queensland ("Pastoral Leases case"). 1996. [En ingles]
- | Informacion sobre a historia e a actualidade de Svalbard Arquivado 19 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. No sitio web do Instituto Polar Noruegues. [En ingles]
- | Dr. Bruce Granville Miller. A Short Commentary on Land Claims in BC Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Union de Xefes Indios da Columbia Britanica. Outubro de 2003. [En ingles]
- | Tribunal Internacional de Xustiza. Sentenza do 16 de abril de 2013 sobre o conflito fronteirizo entre Burkina Faso e Nixer Arquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. [Efrances e ingles]
- | Ireland, Gordon (1941). Boundaries, possessions, and conflicts in Central and North America and the Caribbean. New York: Octagon Books. p. 320.
- | Texto de sentenza: Regina v. Paddy Roy Bates and Michael Roy Bates, The Shire Hall, Chelmsford, 25 de outubro de 1968. [En ingles]
- | The CIA world factbook 2009. New York: Skyhorse Pub Co Inc. 2008. ISBN 978-1-60239-282-3. OCLC 227016145.
- | "Man lays claim to African land to make daughter real life 'princess'". kdvr.com. 17 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- | Gibson, Allie Robinson (10 de xullo de 2014). "Abingdon man claims African land to make good on promise to daughter". Bristol Herald Courier (en ingles) (Bristol, Virginia: Berkshire Hathaway). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 2015-04-23.
- | Najarro, Ileana (12 de xullo de 2014). "Va. man plants flag, claims African country, calling it 'Kingdom of North Sudan'". Washington Post (Washington, DC). Consultado o 2015-04-23.
- | Ensor, Josie (14 de xullo de 2014). "US father takes unclaimed African kingdom so his daughter can be a princess". The Daily Telegraph (London). Consultado o 27 de xullo de 2014.
- | "Mapping micronations". Al Jazeera. 14 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 2015-04-23.
Passports, currencies and flags: We discuss what it takes to create your own country.
- | Ministerio Croata de Asuntos Estranxeiros e Europeos. On Virtual Narratives at Croatia's Borders Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. 17 de xullo de 2015. [En ingles]
- | Squires, N. Welcome to Liberland, the tiny patch of woodland claiming to be the world's newest country. En The Telegraph. 30 de abril de 2015. [En ingles]
- | Czech proclaims new sovereign state between Serbia and Croatia: Liberland Arquivado 29 de xuno de 2016 en Wayback Machine.. En InSerbia Network Foundation. 15 de abril de 2015. [En ingles]
- | Pavlovic, F. Welcome to Liberland, Europe's newest (micro) state. En Euobserver. 4 de maio de 2015. [En ingles]
- | Makovec, J. Polish tourists proclaim "Kingdom of Enclava". En AFP. 15 de maio de 2015. [En ingles]
- | Informacion sobre Enclava Arquivado 01 de xuno de 2016 en Wayback Machine.. Paxina web do Reino de Enclava. [En ingles]
- | On Virtual Narratives at Croatia's Borders Arquivado 21 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Sitio web oficial do Ministerio de Asuntos Europeos e Estranxeiros da Republica de Croacia. xuno de 2015. [En ingles]
- | Jan S. Krogh's Geosite: Enclave/exclave of Brezovica. A croatian true Exclave in Slovenia. 6 de marzo de 2013. [En ingles]
- | Dronning Maud Land. No sitio web do Instituto Polar Noruegues.
- | Rapp, O. M. Norge utvider Dronning Maud Land helt frem til Sydpolen. 19 de setembro de 2015. [En ingles]
- | The Moon: a giant leap for mankind Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Na revista Time. 25 de xullo de 1969. [En ingles]
Vexase tamen
[editar | editar a fonte]Bibliografia
[editar | editar a fonte]- Connor, Michael. The invention of terra nullius. Sydney. Macleay Press, 2005.
- Culhane, Dara. The pleasure of the Crown: Anthropology, Law, and the First Nations. Vancouver. Talon Books, 1998.
- Lindqvist, Sven. Terra nullius. A Journey through No One's Land. Granta. Londres. 2007.
- Rowse, Tim. Terra nullius. The Oxford Companion to Australian History. Ed. Graeme Davison, John Hirst & Stuart Macintyre. Oxford University Press. 2001.