Saltar ao contido

Enclave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enclave en xeografia

[editar | editar a fonte]
C e un exclave de B e enclave de A.

En xeografia, un enclave e un territorio totalmente cercado por un territorio estranxeiro. Se un outro pais ten soberania sobre el, podese tamen chamar este pais de exclave.

Un tal territorio e asi:

  • un enclave do territorio estranxeiro que o cerca.
  • un exclave do pais con soberania sobre el.

Os enclaves poden tamen existir cando unha subdivision administrativa dun pais e situada fora da sua division principal.

A palabra enclave ven do latin inclavatus, significando pechado. Exclave e unha extension creada posteriormente.

A orixe dun enclave pode ser debida a razons historicas, politicas ou mesmo xeoloxicas: certas zonas tornaranse enclaves simplemente por causa da mudanza do leito dun rio.

Exemplos de enclaves son Llivia, territorio espanol rodeado de territorio frances. Alguns enclaves son territorios independentes: este e caso de San Marino e mais do Vaticano, enclaves de Italia, e do reino de Lesotho, enclave de Surafrica.

C e un exclave de B mais non e un enclave de A.

Certos paises, que apenas tenen fronteira cun outro, poden ser considerados enclaves se dispuxeren dunha pequena fronteira maritima (casos de Gambia, case totalmente rodeada polo Senegal, de Brunei, case totalmente rodeado por Malaisia, ou de Monaco, case totalmente rodeado por territorio de Francia).

No entanto, se a lina de costa for significativa en termos de cumprimento, o pais non e tido por enclave: exemplos son os casos de Portugal (so ten fronteira con Espana), Corea do Sur (so ten fronteira coa Corea do Norte) e Irlanda (so ten fronteira co Reino Unido).

Outros exemplos que non poden ser tecnicamente considerados enclaves son os territorios cercados por augas internacionais, como os casos de Oecusi-Ambeno (Timor-Leste), as cidades de Ceuta e Melilla (Espana), Xibraltar (Reino Unido) Cabinda (Angola), Kaliningrado (Rusia) e a zona de Dubrovnik, na Dalmacia (Croacia).

Tamen se a dimension do territorio separado do principal e significativa, non e costume tomalo por exclave. Un exemplo extremo e o de Alasca.

Enclave en xeoloxia

[editar | editar a fonte]

En xeoloxia, enclave e un corpo estrano inserido nunha rocha, moi comun en rochas igneas plutonicas. Ocorre nun magma que absorbe porcions de rochas mais profundas e cando se solidifica envolve esta rocha diferenciada.

Enclave en cultura

[editar | editar a fonte]

En cultura entendese por enclave o conxunto de actividades literarias desenvolvidas nun espazo social que, ainda que esta situado nunha localizacion xeografica distinta, esta vinculado a outro que actua como metropole, pertencendo ambos a un mesmo sistema literario e cultural[1].

O teorico estoniano Naftoli Bassel[2] empregou o termo enclave nun sentido mais amplo do habitual baixo as perspectivas da xeopolitica e a sociolinguistica, considerando como enclave calquera territorio illado no interior dun espazo xeografico mais amplo co que non comparte caracteristicas identitarias esenciais de caracter etnico, linguistico, social, economico ou cultural. A procedencia deste tipo de enclaves pode variar. Asi, poden proceder de situacions coloniais ou estar vinculados a cambios de fronteiras ou soberania territorial. Ademais, Bassel estende o emprego deste termo as minorias nacionais que se atopan nun territorio alleo por razons de tipo migratorio ou pola permanencia de grupos en territorios propios que perderon a sua antiga soberania ou autonomia. Compre sinalar, por outra parte, que Bassel considera que a lingua de orixe (a do enclave) e a contextual (a do territorio que rodea o enclave) son diferentes.

Para Bassel, as principais tarefas que un estudo interliterario deberia levar a cabo nese ambito serian as relativas a determinacion do grao de (in)dependencia da literatura do enclave fronte aos sistemas orixinario e contextual. Tamen interesarian os fenomenos da mestizaxe e o intercambio cultural e literario[3].

No caso do sistema literario galego, dous exemplos de enclaves serian o habaneiro e o bonaerense (entre finais do seculo XIX e a fin da ditadura franquista).

  1. | Torres Feijo, E. J. (2004): "Contributos sobre o objecto de estudo e metodologia sistemica. Sistemas literarios e literaturas nacionais", in Anxo Abuin e Anxo Tarrio (coords.): Bases Metodoloxicas para unha Historia Comparada das Literaturas da Peninsula Iberica. Santiago de Compostela, USC, pp. 423-444.
  2. | Bassel, N. (1991), "National Literary and Interliterary System", Poetics Today, 12 (4), pp. 773-779.
  3. | "Enclave", Equipo Glifo (Anxo Tarrio coord .) (1998) . Dicionario de termos literarios, Santiago de Compostela, Centro Ramon Pineiro - Xunta de Galicia.