Dark Mode

Saltar ao contido

Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corea do Norte
joseonminjujuyiinmingonghwagug (ko-kp)

HimnoAegukka (1948)

Localizacion
40degN 127degL / 40, 127
CapitalPyongyang
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion26.418.204 (2023) (219,17 hab./km2)
Lingua oficialMunhwao (pt)
lingua coreana
Xeografia
Parte de
Superficie120.540 km2
Banado porMar Amarelo e Mar do Xapon
Punto mais altoMonte Paektu (2.744 m)
Punto mais baixoMar do Xapon (0 m)
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion9 de setembro de 1948
Evento clave
25 de xuno de 1950Guerra de Corea
Dia festivo
Organizacion politica
Forma de gobernounipartidismo
ditadura familiar (pt)
Juche
ditadura comunista
Estado unitario
Estado socialista
republica
* Lider Supremo da Corea Kim Jong-un (2011-)
Organo executivoGoverno da Coreia do Norte (pt)
* Primeiro ministro Pak Thae-song (pt) (2024-)
Organo lexislativoAsemblea Popular Suprema , (Escano: 687)
Membro de
MoedaWon norcoreano
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kp
Prefixo telefonico+850
Codigo de paisKP

Corea do Norte,[1] oficialmente Republica Popular e Democratica de Corea (RPDC),[2] e un pais de Asia Oriental. Constitue a metade setentrional da Peninsula de Corea e linda ao norte coa China e con Rusia e ao sur coa Corea do Sur, pola Zona Desmilitarizada de Corea (ZDC).[3] A sua capital e cidade mais poboada e Pyongyang.

E membro da Organizacion das Nacions Unidas dende 1991, asi como do Movemento de Paises Non Alinados e do G77.

Artigo principal: Historia de Corea do Norte.

A ocupacion militar xaponesa de Corea terminou co fin da segunda guerra mundial en 1945. Corea foi enton dividida en dous partes polo paralelo 38: a Union de Republicas Socialistas Sovieticas (URSS) tomou o control da parte Norte, e o exercito dos Estados Unidos da parte Sur. Isto conduciu a que en 1948 se establecesen dous gobernos independentes no Norte e no Sur, cada un reclamando a sua soberania sobre a totalidade de Corea.

As crecentes tensions entre os gobernos do Norte e do Sur desembocaron na Guerra de Corea cando o 25 de xuno de 1950 o exercito de Corea do Norte cruzou o paralelo 38 (que actuaba de fronteira) e atacou. A guerra continuou ata o 27 de xullo de 1953, cando o Comite da Organizacion das Nacions Unidas (ONU), os voluntarios da Republica Popular da China e Corea do Norte asinaron o armisticio da Guerra de Corea. Unha zona desmilitarizada foi establecida para separar os dous paises.

Corea do Norte foi dirixida desde 1948 por Kim Il Sung ata a sua morte o 8 de xullo de 1994. Despois, o 8 de outubro de 1997, o seu fillo Kim Jong-il foi nomeado Secretario Xeral do Partido dos Traballadores de Corea. En 1998, foi nomeado Presidente da Comision Nacional de Defensa e a sua posicion foi declarada como "o cargo mais alto do Estado". Xeralmente as relacions internacionais melloraron. Ata houbo un cume Norte-Sur historico en xuno de 2000. Con todo, as tensions volveron facerse visibles coa continuacion por parte de Corea do Norte do seu programa de armas nucleares.

Durante o mandato de Kim Jong-il no final da decada dos noventa, a economia do pais descendeu considerablemente e a escaseza de comida fixose evidente en numerosas areas. Segundo algunhas organizacions de axuda, un desconecido pero gran numero de persoas (algunhas cifran o numero ao redor dos tres millons; "The Economist" estima que entre 600.000 e 1 000 000) morreron como consecuencia da fame negra norcoreana de 1995-98, intensificada por un colapso no sistema de distribucion de comida. Numerosos norcoreanos penetraron ilegalmente na China a busca de alimentos. Corea do Norte e un dos sitios mais illados do mundo, con severas restricions na entrada ou saida do pais. A prensa e controlada polo Estado e organizacions de masas, e a ideoloxia Juche, que consiste en non depender dos demais, e a oficial do goberno.

Nos ultimos anos, o seu programa nuclear desatou polemica entre os estados nucleares, particularmente Estados Unidos, polos obxectivos do seu desenvolvemento militar. Mentres que o goberno norcoreano argumenta que o desenvolvemento de armamento nuclear ten unha finalidade disuasiva e de eventual defensa, a administracion estadounidense e a Union Europea consideran ilegal a posesion de material belico atomico por parte de Corea do Norte.

Situacion Politica

[editar | editar a fonte]

A Republica Popular Democratica de Corea e unha republica socialista baseada na ideoloxia juche.

O maximo organo do Estado e a Asemblea Popular Suprema, que ten 687 membros, elixidos por sufraxio universal cada cinco anos. Cando a Asemblea non se atopa reunida, as suas funcions son realizadas polo Comite Permanente, cuxos membros son elixidos pola Asemblea. Actualmente hai tres partidos con representacion no Parlamento: o Partido dos Traballadores de Corea, o Partido Socialdemocrata de Corea e o Partido Chondoista Chongu.[4]

O poder executivo esta repartido en tres ramas: o primeiro ministro (xefe de goberno), actualmente Kim Tok-hun, o Presidente do Comite Permanente da Asemblea Popular Suprema, Choe Ryong-hae, e o Presidente da Comision de Asuntos de Estado de Corea do Norte, Kim Jong-un. Este ultimo e o cargo con mais poder, sendo ademais fillo e neto respectivamente de Kim Il-sung e Kim Jong-il, mencionados no preambulo da Constitucion como "Lideres Eternos da Corea Juche".[5]

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

En materia de dereitos humanos, respecto a pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que incluen o Comite de Dereitos Humanos (HRC), Corea do Norte firmou ou ratificou:

Corea do Norte Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[6]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[7] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[8] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[9] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[10]
Pertenza
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen informacion, accedeu a firmar e ratificar o organo en cuestion, pero tamen reconece a competencia de recibir e procesar comunicacions individuais por parte dos organos competentes.

Division administrativa

[editar | editar a fonte]

A Corea do Norte esta subdividida en 9 provincias, 3 cidades controladas directamente polo goberno central e algunhas outras rexions especiais.

Listaxe Cidade Provincia Pob. Listaxe

Pyongyang

Hamhung

Congjin
1PyongyangCidade de Pyongyang3.255.288
2HamhungHamgyong do Sur768.551
3ChongjinHamgyong do Norte667.929
4NamphoPyongan do Sur366.815
5WonsanKangwon363.127
6SinuijuPyongan do Norte359.341
7TanchonHamgyong do Sur345.875
8KaechonPyongan do Sur319.554
9KaesongHwanghae do Norte308.440
10SariwonHwanghae do Norte307.764
Datos do censo de 2008[11]


Xeografia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografia de Corea do Norte.

Corea do Norte atopase na metade norte, a partir do paralelo 38, da peninsula de Corea. Esta bordeada por dous mares, ao occidente polo mar Amarelo e a baia de Corea; e ao oriente polo Mar do Leste. O seu terreo presenta numerosas serras e montanas, separadas por profundos e estreitos vales. Na costa oeste predominan as chairas. O punto mais alto do pais e o pico do monte Paektu conecido en Corea do Norte como "Paektu-san", a 2774 msnm. Entre os rios mais importantes atopanse o Tumen e o Yalu, os cales forman a fronteira norte con China.

O clima local e tepedo, sendo a epoca con mais precipitacions o veran, durante unha estacion de choivas denominada jangma. Os invernos poden ser moi fortes.

A cidade mais grande de Corea do Norte e a sua capital, Pyongyang (ou P'yongyang). Outras cidades a destacar son: Kaesong, no sur; Sinuiju, no noroeste; Wonsan e Hamhung no leste; e Ch'ongjin no nordeste.

O territorio e montanoso, con cordilleiras cubertas por bosques ao leste, sobre o litoral do Mar do Xapon.

Artigo principal: Economia de Corea do Norte.

Corea do Norte ten unha economia dirixida o estilo sovietico. As relacions economicas co estranxeiro son minimas e o pais recibe axuda alimentaria da ONU. Relatos de fame en masa son comuns.

Artigo principal: Cultura de Corea do Norte.

En Corea do Norte a cultura tradicional e especialmente protexida. O nivel de alfabetizacion e case total (99% homes e 99% mulleres). A liberdade relixiosa e un dereito constitucional en Corea do Norte. As relixions mais comuns son o budismo, o confucianismo, o chondokio (que combina elementos budistas e cristians), e nas rexions interiores, cultos chamanicos tradicionais. E unha cultura moi variada canto as suas culturas descendentes da China.

Os deportes mais practicados no pais son o judo e o tenis de mesa (a xogadora Kim Hyang foi subcampioa nos Xogos Olimpicos de Atenas 2004).

A mellor participacion de Corea do Norte nos Xogos Olimpicos foi en Barcelona '92, onde o combinado nacional conseguiu nove medallas malia que ningun dos seus atletas foi campion olimpico. Nos de Pekin 2008 lograron tamen unha boa participacion, ganando duas medallas de ouro, unha de bronce e tres de prata.

O 17 de xuno do 2009, a seleccion de futbol logrou a sua clasificacion a Copa Mundial de Futbol de 2010 celebrada en Surafrica, a que foi a sua segunda participacion neste evento, logo de empatar sen goles contra Arabia Saudita en Riad, eliminando a Iran e levando os sauditas a repesca.[12] No campionato quedou eliminada na primeira fase de grupos, tras perder contra Brasil, Portugal e Costa do Marfil (0-3).

O numero de turistas que visitan Corea do Norte cada ano e moi pequeno, ainda que aumentou durante os ultimos anos e esperase que aumente moito mais a curto prazo.[13][14] A construcion da estacion de esqui de Masikryong forma parte do plan para o aumento do turismo.

Viaxar desde o estranxeiro pode resultar complicado; existen poucos paises con representacion diplomatica norcoreana e so algunhas axencias autorizadas poden organizar viaxes.

  1. | Os norcoreanos usan o nome Choson (joseon, Zhao Xian ) ao se referir a Corea do Norte ou a Corea no seu conxunto. A traducion literal de Corea do Norte, Pukchoson (bugjoseon, Bei Zhao Xian ), raramente se emprega, ainda que pode atoparse en fontes anteriores a Guerra de Corea. Os surcoreanos usan Bukhan (bughan, Bei Han ) para se referir a Corea do Norte, derivado do nome surcoreano para Corea, Hanguk (hangug, Han Guo ).
  2. | En coreano : joseonminjujuyiinmingonghwagug; romanizado: Choson Minjujuui Inmin Konghwaguk.
  3. | A fronteira de Corea do Norte con Corea do Sur e unha fronteira disputada, xa que ambos paises reivindican a totalidade da Peninsula de Corea.
  4. | "A Asemblea Popular Suprema na Union Interparlamentaria" (en ingles). Consultado o 28 de xuno de 2019.
  5. | "Constitucion de Corea do Norte". en.wikisource.org (en ingles). Consultado o 28 de xuno de 2019.
  6. | Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en ingles). Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  7. | Convencion contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolucion) (en castelan). Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  8. | Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Economicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolucion) (en castelan). Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  9. | Protocolo Facultativo de la Convencion sobre la eliminacion de todas las formas de discriminacion contra la mujer (Resolucion) (en castelan). Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  10. | Protocolo facultativo de la Convencion sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolucion) (en castelan). Oficina do Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  11. | Estatisticas das Nacions Unidas; censo de 2008 da Republica Popular de Corea
  12. | "Corea del Norte clasifico al Mundial tras 44 anos". www.ambito.com. Consultado o 2020-02-05.
  13. | "North Korea welcomes increase in tourism" (en ingles). 20 de febreiro de 2013. Consultado o 13 de abril de 2019.
  14. | "North Korea plans to increase tourism tenfold by 2017... and to welcome TWO MILLION visitors a year by 2020" (en ingles). 2 de xuno de 2015. Consultado o 13 de abril de 2019.