Saltar ao contido

Dubai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dubai
dbyW (ar)

Localizacion
25deg16'11''N 55deg18'34''L / 25.2697, 55.3094
EstadoEmiratos Arabes Unidos
EmiratoDubai
Capital de
Poboacion
Poboacion3.944.751 (2025) (112.707,17 hab./km2)
Lingua oficiallingua arabe
Xeografia
Superficie35 km2
Altitude0 m
Comparte fronteira con
Datos historicos
FundadorAl Maktoum (en)
Creacion9 de xuno de 1833
Organizacion politica
* Xefe do gobernoMohamed bin Rashid Al Maktum (2006-)
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefonico04
Outro
Irmandado con
Basora
Kish (pt)
Cidade de Kuwait ../... 40+

Sitio webdm.gov.ae
Este artigo amosa letras arabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar simbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Dubai[1] (en arabe: dbyW, transliterado Dubayy) e unha metropole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai[2], un dos sete que integran os Emiratos Arabes Unidos dende 1971. Esta localizada ao longo da franxa costeira do emirato e e a cabeceira da area metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A sua poboacion en 2010 ascendia a 1.905.000 habitantes[2] que a converten na cidade mais populosa dos Emiratos. En 2020 vai ser sede da Exposicion Universal.

Dubai ten emerxido coma cidade global e lugar de negocios no Oriente Medio[3]. E tamen un no importante de transporte de pasaxeiros e mercadorias, convertendose nunha porta moi importante para Occidente. Na decada dos sesenta do seculo XX a economia de Dubai baseabase nos ingresos proporcionados polo comercio e, en menor medida, polas concesions de explotacions petroliferas, pero o petroleo non foi descuberto ata 1966. Os beneficios do petroleo comezaron a fluir en 1969[4]. As rendas do petroleo axudaron a acelerar o desenvolvemento tempera da cidade, mais as reservas petroliferas son limitadas e os niveis de producion baixos: en 2010 menos do 5% dos ingresos do emirato vinan do petroleo[5]. O modelo occidental dos negocios de Dubai levou a sua economia a ter como principais ingresos os derivados da aviacion, contando con dous aeroportos internacionais; dos servizos financeiros; do turismo, especialmente o de luxo, confirmandose como sede internacional de congresos, convencions e conferencias; e do negocio inmobiliario, destacando o proxecto das Palm Islands, con tres diferentes actuacions: a primeira en Jumeirah, a segunda en Jebel Ali (50% mais grande) e a terceira en Deira que sera tres veces maior ca primeira; destaca asi mesmo The World, composto por 300 illas de area artificial formando un mapamundi que seran ocupadas por residencias, centros comerciais e hoteis de cinco estrelas [6]. Recentemente Dubai captou a atencion mundial polos grandes proxectos de construcions innovadoras, grandes ranaceos, en particular a construcion mais alta do mundo, o Burj Khalifa, e eventos deportivos coma a Dubai World Cup, o encontro internacional de carreiras de cabalos que reparte os maiores premios do mundo. Dubai ten sido criticado pola violacion dos dereitos humanos da poboacion obreira, maioritariamente procedente do sueste asiatico[7]. A crise finaceira de 2007 afectou fondamente ao mercado inmobiliario[8] mais a economia volveu a crecer, agardandose un superavit nos presupostos de 2015[9].

En 2012, Dubai era a vixesimo segunda cidade mais cara do mundo e a mais cara do Oriente Medio[10][11]. En 2014, o prezo das habitacions dos hoteis de Dubai estaban consideradas as segundas mais caras do mundo, despois de Xenebra[12]. A firma americana de consultoria global Mercer ten clasificado a Dubai como un dos mellores lugares para vivir no Oriente Medio[13].

Sobre da cidade e do emirato

[editar | editar a fonte]
Mapa da cidade de Dubai.

A cidade foi crecendo a partir dos nucleos mais antigos de Bur Dubai e Deira situados a ambas marxes do rego de Dubai. Outras entidades importantes da metropole son Jumeirah e Jebel Ali.

A cidade de Dubai non e un concello ou un grupo de concellos oficialmente constituidos. E frecuente confundir a Municipalidade de Dubai[14] co organismo rexedor da cidade, cando en realidade e un Departamento do Goberno de Dubai[15] con xurisdicion sobre todo o territorio do emirato e cunhas competencias especificas entre as que se achan as urbanisticas.

Dubai presenta un clima arido calido. Os verans na zona son extremadamente calorosos, humidos e con abundantes refachos de vento, con temperaturas que poden superar os 40 degC, se ben durante a noite descenden por baixo dos 30 degC. A maioria dos dias son soleados durante todo o ano. Os invernos son algo quentes, con temperaturas de mais de 20 degC durante o dia e de algo menos de 15 degC pola noite.

As precipitacions aumentaron nas ultimas decadas, chegando a acumularse ate 94,3 mm[16]. A humidade e moi alta durante todo o ano; as moderadas temperaturas no inverno fan deste unha estacion agradabel, mentres que o veran pode ser molesto polos altos niveis de humidade e temperatura[17], por esta razon o enclave de Hatta e o lugar tradicional de veraneo da clase dirixente pola sua situacion nunha zona montanosa fronteiriza con Oman de clima mais benigno. A temperatura mais alta rexistrada nos EAU foi de 52,1o no mes de xullo de 2002; en xullo de 2013 acadaronse en Dubai 51,2o[18].

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Panorama urbano de Dubai.
Burj Khalifa, a estrutura mais alta feita polo ser humano, durante a sua construcion.

Dubai ten unha rica coleccion de edificios e estruturas de varios estilos arquitectonicos. Aqui podense achar moitas interpretacions modernas da arquitectura islamica, grazas a proliferacion das innovacions na construcion e na arquitectura no mundo arabe en xeral, e en Dubai en particular, co patrocinio non so de empresas arabes de enxeneria e arquitectura internacional coma Al Hashemi e Aedas, senon tamen de firmas de Nova York e Chicago[19].

Como resultado deste inzamento, a arquitectura islamica, e mundial, acadou niveis antes desconecidos no deseno e na tecnoloxia da construcion de ranaceos. Ningunha outra cidade do mundo ten mais ranaceos que Dubai mais altos ca 2/3, 1/3 ou 1/4 de quilometro. Os maximos exponentes disto son o Burj Khalifa, de longo o ranaceos mais alto do mundo; e o hotel Burj al-Arab, situado na costa coa forma dunha gran vela.

Burj Khalifa

[editar | editar a fonte]
Panoramica de Dubai co Burj Al Arab a esquerda e o Burj Khalifa a dereita, mais afastado.

O Burj Khalifa (Torre do Califa) foi finalizado o 4 de xaneiro de 2010, e, cos seus 828 metros, a estrutura feita polo ser humano mais alta do mundo[20]. Para a sua construcion unironse 30 companias de todo o mundo con obreiros de mais de 100 nacionalidades[21].

E, de certo, unha icona global dos edificios e un destino importante do turismo mundial. O observatorio instalado no cumio e unha das atraccions turisticas mais populares de Dubai, que tivo en 2013 case dous millons de visitantes[22].

Burj al-Arab

[editar | editar a fonte]

O Burj al-Arab (en arabe: brj l`rb, Torre dos Arabes) e un hotel de luxo situado na costa de Dubai. O hotel describese comunmente coma o unico hotel de sete estrelas do mundo ainda que a direccion do hotel nunca utilizou tal denominacion[23].

Esta construido sobre unha illa artificial a 280 metros da praia de Jumeirah, e esta conectado a costa por unha ponte curva. Posue un heliporto no cumio a 210 metros de altura.

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]

A RTA (Roads and Transport Authority), creada por real decreto en 2005, e a axencia do Goberno de Dubai encargada da xestion e desenvolvemento das infraestruturas de transporte do emirato[24]. A rede de transporte publico, enfrontada no pasado a problemas de conxestion e fiabilidade, esta sendo transformada cun forte investimento en plans de mellora proxectados para seren completados en 2020, cando se estima que a cidade tera unha poboacion de 3,5 millons. Segundo as estatisticas oficiais, en 2009 habia un parque de automobiles que superaba o millon de unidades[25]. Este gran numero de coches particulares fai que se use pouco o transporte publico: en xaneiro de 2010 so o usaban o 6% dos residentes[26].

Vista aerea da pista do Aeroporto Internacional de Dubai.

Dubai conta co Aeroporto Internacional de Dubai (Codigo IATA:DXB, codigo OACI: OMDB) que da servizo a cidade de Dubai e outros emiratos do pais. En 2014 foi o sexto aeroporto do mundo por trafico de pasaxeiros cunha cifra de 70,4 millons, e o primeiro do mundo por trafico de pasaxeiros internacionais. Ademais ocupa o setimo lugar mundial en trafico de mercadorias con 2,37 millons de toneladas en 2014[27]. E a sede da compania aerea nacional Emirates que en 2014 operou con 142 destinos internacionais de 70 paises dos seis continentes[28]. A compania de baixo custo Flydubai tamen ten a sua sede neste aeroporto.

Na actualidade esta en construcion o Aeroporto Internacional Al Maktoum (Codigo IATA: DWC, codigo OACI: OMDW) estando xa operativas unha terminal de pasaxeiros desenada para dar servizo a cinco millons de pasaxeiros anuais e unha terminal de mercadorias cunha capacidade anual de 250.000 toneladas[29]. Cando estea rematado sera o aeroporto mais grande do planeta con capacidade para 160 millons de pasaxeiros e 12 millons de toneladas de carga anuais[30].

Maritimas

[editar | editar a fonte]
Unha embarcacion abra, metodo tradicional de transporte entre Deira e Bur Dubai.

Dubai ten dous portos comerciais de importancia, o de Jebel Ali e o de Mina Rashid. O porto de Jebel Ali e a construcion portuaria mais grande do mundo e o porto mais grande de Oriente Medio[31]. Os dous portos conxuntamente ocuparon en 2008 a sexta posicion mundial en trafico de contedores[32].

Un dos transportes mais tradicionais para cruzar o Khor Dubai entre Deira e Bur Dubai son os abras, pequenas embarcacions de pasaxeiros que comunican as estacions maritimas de Bastakiya e Baniyas Road[33]. A Axencia do Transporte Maritimo, dependente da RTA, xestiona tamen o Sistema de buses acuaticos de Dubai, embarcacions de pasaxeiros dotadas de aire condicionado que comunican distintos puntos ao longo do Khor Dubai. Unha ultima incorporacion ao sistema de transporte maritimo e o taxi acuatico[34].

Terrestres

[editar | editar a fonte]

A cidade de Dubai esta atravesada por unha ampla rede de estradas e autoestradas que son usadas por unha completa lina de buses e distintas companias de taxis. Nos ultimos anos estase a construir o metro de Dubai e duas linas de tranvias. Tamen funciona un tren monorail en Palm Jumeirah. Finalmente, esta proxectado un tren de alta velocidade que unira os distintos emiratos da federacion e que pasara pola cidade de Dubai.

Estradas e autoestradas

[editar | editar a fonte]
A ruta D85 (Baniyas Road) ao longo do Khor Dubai en Deira.

Cinco rutas estatais, nomeadas coa letra E (Emirates) seguida de dous ou tres numeros, atravesan a cidade de Dubai. Tres delas atravesana na direccion NE-SO e son, comezando pola mais proxima a costa, a E11 (Sheikh Zayed Road), a E311 (Sheikh Mohammed Bin Zayed Road) e a E611 (Emirates Road), que marca o limite meridional da urbe. Outras duas rutas principais parten da metropole para continuar despois pola zona non urbana do emirato. Son estas: a E44, que continua ata Lahbab e segue polo emirato de Sharjah, e a E66, que partindo de Khor Dubai vai en direccion sur ata Al Ain no emirato de Abu Zabi. Unha sexta ruta estatal, a E77, esta no territorio do emirato mais non ten ningun tramo urbano; comunina a E611 con Lahbab.

Seguen en importancia as rutas do emirato, nomeadas coa letra D (Dubai) seguida de dous ou tres numeros. As que rematan nun dixito par seguen a direccion NE-SO e estan mais preto da costa canto maior sexa o numero; se o ultimo dixito e impar seguen a direccion NO-SE e estan mais proximas a fronteira co emirato de Sharjah canto maior sexa o numero. Entre as que tenen percorrido urbano total ou parcialmente destacan: a D94 (Jumeirah Road) de Bur Dubai a Jumeirah, cuxo trazado e en gran parte costeiro; a D92 (Al Wasi/Al Mina Road), paralela a anterior que se prolonga ata a fronteira con Sharjah; a D89 que comunica Deira con Al Kawaneej pasando polo Aeroporto Internacional; a D85 (Baniyas Road), que segue a marxe dereita do Khor Dubai; a D75 (Sheikh Rashid Road); a D73 (Al Dhiyafa Road, renomeada Rua 2 de Decembro) e a D63, que partindo de Jumeirah continua ata fora da zona urbana.

Ademais das estradas principais hai unha numerosa rede de estradas locais.

Sobre Khor Dubai hai construido un tunel e catro pontes. Por orde de proximidade ao Golfo son: Al Shindagha Tunnel, Al Maktoum Bridge, Floating Bridge, Al Garhoud Bridge e Business Bay Crossing.

Buses e taxis

[editar | editar a fonte]

O sistema de transporte publico de buses depende da RTA. A rede ten 79 rutas que cobren 264.000 km. e usana diariamente 300.000 pasaxeiros[35].

Os taxis posuen unha licenza expedida pola RTA. Son facilmente reconecibeis pola sua cor crema e cores variadas no teito que identifican o operador. A maior frota de taxis e a de Dubai Taxi Corporation, unha division da RTA, co teito de cor vermella. Hai varios operadores privados dos que os mais importantes son: Metro Taxis (teito laranxa), Cars Taxis (teito azul) e Arabia Taxis (teito verde). Ademais, a Dubai Taxi Corporation ten un servizo exclusivo para mulleres con choferes femeninas, Ladies Taxi (teito rosa). A concesion do servizo de taxis do Aeroporto Internacional e explotada pola Dubai Taxi Corporation. A operadora oficial posue unha frota de mais de 3.000 taxis ademais de 325 que operan no aeroporto. Estes ultimos fan unha media de 5.500 viaxes diarias[36].

Metro, tranvia e monorrail

[editar | editar a fonte]
Dubai Metro.

O Metro de Dubai (Dubai Metro) foi proxectado cun presuposto de 3.890 millons de dolares. En 2015 estaban rematadas duas linas, a verde e a vermella que pasan polas areas finaceiras e residenciais mais importantes. A lina verde foi aberta o 9 de setembro de 2009 e o 1 de marzo de 2014 estaban abertas as 18 estacions da lina, se ben esta prevista a ampliacion da lina ata as 20 estacions. A lina vermella foi completada hai algun tempo coas suas 29 estacions[37]. Durante a primeira metade de 2015, usaron o Metro de Dubai mais de 88 millons de pasaxeiros[38]. E o primeiro tren metropolitano da Peninsula Arabiga e o metro mais longo que funciona cun sistema de navigacion automatica sen condutores[39].

Palm Jumeirah Monorail.

Un tranvia (Dubai Tram), localizado na lina costeira tera, cando estea rematado, 14,5 km. ao longo de Sufouh Road desde Dubai Marina ata Burj Al Arab e o Mall dos Emiratos, con duas conexions coa lina vermella do Metro, estando previstas duas conexions mais coa lina de metro e outra co monorrail de Jumeirah. A primeira seccion de 10,6 km. e 11 estacions, inaugurouna o 11 de novembro de 2014 o xeque Mohammed bin Rashid Al Maktoum, vicepresidente e primeiro ministro dos EAU e emir de Dubai; estando disponibel para os usuarios a partir das 6 da mana do dia seguinte. Este tranvia e o primeiro do mundo en ter instalado en todalas estacions o sistema de portas de plataforma e tamen e o primeiro fora de Europa en ter o sistema de alimentacion electrica no chan[40]. Na primeira metade de 2015 Dubai Tram tivo case 2 millons de usuarios[38].

O Palm Jumeirah Monorail e unha lina de xestion privada de monorrail que discorre ao longo do eixe central de Palm Jumeirah, comunicando a esta coa cidade. Esta prevista unha conexion do monorrail co tranvia, e unha extension da lina para conectala coa lina vermella do metro. Ademais das estacions terminais, ten outras duas intermedias[41].

Dereitos humanos

[editar | editar a fonte]

As violacions de dereitos humanos son criticadas duramente por distintas organizacions. Denuncianse, entre outras, as condicions infrahumanas dos traballadores da construcion, a detencion arbitraria, a tortura policial, a negacion de entrada ao pais a certas persoas alegando razons de seguridade, a utilizacion dunha lei antiterrorista promulgada en 2014 para reprimir persoas criticas co goberno e a situacion das mulleres do traballo domestico[42][43]. Cara a fin de marzo de 2006 o goberno anunciou pasos para permitir a constitucion de sindicatos de traballadores da construcion. O ministro de traballo dos EAU anunciara daquela: "Permitirase aos traballadores formar sindicatos"[44]. Poren a situacion non cambiou nos anos transcorridos, xestos como a sinatura por parte dos EAU da Convencion contra a tortura das Nacions Unidas consideranse puros exercicios de relacions publicas[43].

A organizacion Human Rights Watch publicou en 2006 un amplo documento onde denunciaba a situacion dos mais de 250.000 traballadores estranxeiros que traballaban na construcion da cidade, describindo a situacion destes coma "menos ca humana"[45]. O maltrato dos obreiros estranxeiros e o tema do documental Slaves in Dubai (2009)[46]. O Goberno de Dubai negou reiteradamente as inxustizas laborais denunciadas e asegura que as acusacions son erroneas. Mentres, o autor do documental explicou en entrevistas que foi necesario ocultar a camara para evitar que fora descuberta polas autoridades, as cales sancionan con altas multas aos periodistan que intentan documentar abusos de dereitos humanos, incluidas as condicions dos traballadores da construcion. O que 'Slaves of Dubai' documenta e a dificil situacion de millons de traballadores en todo o mundo forzados a traballar coma escravos para construir ranaceos que logo son vendidos por millons de dolares a superrica elite global. Sirva coma exemplo o pago de 12,25 millons de dolares por parte do industrial indio Bavaguthu Raghuram Shetty pola compra do andar 100 do Burj Khalifa[47], edificio construido co esforzo, entre outros, de moitos compatriotas seus menos afortunados.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. | "Dubai". Diciopedia do seculo 21 1. Edicions do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 731.
  2. | 2,0 2,1 Dubai Municipality Planning Department (ed.). "Dubai 2020 Urban Masterplan" (PDF) (en ingles). Consultado o 7 de agosto de 2015.
  3. | "The 2008 Global Cities Index". Foreign Policy (en ingles). 15/10/2008. Arquivado dende o orixinal o 20/05/2010. Consultado o 27 de xullo de 2015.
  4. | Sampler & Eigner (2008). Sand to Silicon (en ingles). Emiratos Arabes Unidos: Motivate. p. 11. ISBN 9781860632549.
  5. | DiPaola, Anthony (28/9/2010). Bloomberg, ed. "Dubai gets 2% GDP from oil" (en ingles). Consultado o 27 de xullo de 2015.
  6. | ArabianBusiness.com, ed. (3/2/2007). "Dubai economy set treble by 2015" (en ingles). Consultado o 27 de xullo de 2015.
  7. | Davis, Mike (2006). "Fear and Money in Dubai". New Left Review (en ingles) (41): 47-68. Consultado o 27 de xullo de 2015.
  8. | "Job losses hasten property decline in Dubai but medium-long term outlook upbeat". Propertywire.com. 3/12/2008. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  9. | "Mohammad Bin Rashid approves Dubai's budget for 2015". gulfnews.com. 3/1/2015. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  10. | Barnard, Lucy (6/3/2013). "Cost of living in Dubai rising rapidly". Thenational.ae. Arquivado dende o orixinal o 22/01/2013. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  11. | "Oslo, Zurich and Tokyo are most expensive cities". Thepeninsulaqatar.com. 14/9/2012. Arquivado dende o orixinal o 17/05/2016. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  12. | "Dubai second-most expensive city to stay in, report says". Thenational.ae. 30/7/2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  13. | Duncan, Gillian (8/3/2013). "Abu Dhabi and Dubai are best places to live in the Middle East, survey says". Thenational.ae. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2013. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  14. | "Dubai Municipality official webpage" (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2015.
  15. | "Government of Dubai official webpage" (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014. Consultado o 7 de agosto de 2015.
  16. | "Climate in Dubai across the year. Dubai Meteorological office". Dubaiairport.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2007. Consultado o 27 de xullo de 2015.
  17. | "Temperature and Humidity in Dubai". Godubai.com. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  18. | "UAE weather: Temperature soars to near record level". thenational.ae (en ingles). 12/7/2013. Consultado o 27 de xullo de 2015.
  19. | "Modernity and tradition in Dubai architecture by Luiza Karim". alshindagah.com (en ingles). Consultado o 10 de agosto de 2015.
  20. | "Dubai in numbers". go-gulf.ae (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015.
  21. | "Burj Khalifa". capturedubai.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015.
  22. | "Burj Khalifa records over 1.87 million visitors in 2013". khaleejtimes.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de agosto de 2015.
  23. | "Hotel star ratings standards long overdue". thenational.ae (en ingles). 14/7/2009. Consultado o 10 de agosto de 2015.
  24. | "RTA official webpage" (en arabe). Consultado o 7 de agosto de 2015.
  25. | "Gulfnews: Public transport regains allure as Car-free Day gets under way". gulfnews.com (en ingles). 17/2/2010. Consultado o 7 de agosto de 2015.
  26. | "Gulfnews: Rta wants 30 of dubai residents on public transport". gulfnews.com. 21/1/2010. Consultado o 7 de agosto de 2015.
  27. | "DXB Takes Over Top Spot for International Passenger Traffic". dubaiairports.ae. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2015. (en ingles)
  28. | "Our Destinations". Emirates.com. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  29. | "Al Maktoum International airport begins operations". Gulf News. 27/6/2010. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  30. | "Al Maktoum International airport receives first flight". Gulf News. 21/6/2010. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en ingles)
  31. | "Port of Jebel Ali: review and history". worldportsource.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2015. Consultado o 29 xullo 2015. (en ingles)
  32. | American Association of Port Authorities, ed. (15/4/2008). "World Port Rankings - 2008" (PDF). Consultado o 29 xullo 2015. (en ingles)
  33. | "video Dubai Souk Abra Station". dubai-online.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2010. Consultado o 7 de agosto de 2015.
  34. | "New water taxi service launched in Dubai". ameinfo.com (en ingles). 10/07/2013. Arquivado dende o orixinal o 07/08/2015. Consultado o 07/08/2015.
  35. | "Public Transport Buses". dubai-bus.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2015.
  36. | "Dubai-taxi fleet". dubai-bus.com (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2015. Consultado o 8 de agosto de 2015.
  37. | "Dubai Metro Map". dubai-metro.me (en ingles). Consultado o 9 de agosto de 2015.
  38. | 38,0 38,1 "88m use Dubai Metro, 2m use Dubai Tram in first half of 2015". uaeinteract.com (en ingles). 1/8/2015. Arquivado dende o orixinal o 13/08/2015. Consultado o 9 de agosto de 2015.
  39. | "Will metro change Dubai car culture?". news.bbc.co.uk (en ingles). 11/9/2009. Consultado o 9 de agosto de 2015.
  40. | "About". The Dubai Tram. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 09 de agosto de 2015.
  41. | "Palm Monorail, Dubai". palm-monorail.com (en ingles). Consultado o 9 de agosto de 2015.
  42. | Human Rights Watch (ed.). "United Arab Emirates" (en ingles). Consultado o 11 de agosto de 2015.
  43. | 43,0 43,1 Hanania, Ray (26/2/2014). "UAE criticized by EU for human rights violations". The Arab Daily News (en ingles). Arquivado dende o orixinal o 05/03/2016. Consultado o 11/08/2015.
  44. | BBC News, ed. (30/3/2006). "UAE to allow construction unions" (en ingles). Consultado o 11 de agosto de 2015.
  45. | Human Rights Watch. Building Towers, Cheating Workers: Exploitation of Migrant Construction Workers in the United Arab Emirates (PDF) (en ingles).
  46. | VICE, ed. (2009). "Slaves in Dubai documentary" (en ingles). Consultado o 11 de agosto de 2015.
  47. | Parag Deulgaonkar (4/2/2015). Emirates 247, ed. "Billionaire Indians spending millions for Burj Khalifa address" (en ingles). Consultado o 11 de agosto de 2015.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Dubai

Outros artigos

[editar | editar a fonte]