Go There The Worldwide Leader in News Facts First Reporting From Around the World The World's News Network The Most Trusted Name in News This is CNN The World's Most Trusted Name in News More People Get Their News from CNN From Any Other Source The World's News Leader
Cable News Network (en galego: Cadea de Noticias por Cable), mais conecido polas suas siglas (CNN), e unha cadea de television estadounidense fundada en 1980 polo empresario Ted Turner. Actualmente e parte de Time Warner. CNN foi a primeira cadea de television en cubrir noticias as 24 horas do dia.
Desde o seu lanzamento o 1 de xuno de 1980, a cadea expandiuse notablemente, incluindo na actualidade 15 cadeas de television de cable e satelite, doce sitios web e duas cadeas de radio. CNN lanzou tamen varias cadeas noutras linguas, como castelan e turco.
Actualmente CNN e a canle de noticias mais visto nos Estados Unidos, seguindolle Fox News Channel. As cadeas en espanol son: CNN en Espanol, CNN Latino e CNN Chile; CNN distribue tamen programas de radio en espanol.
CNN Airport Network: Cadea satelital que emite para os aeroportos estadounidenses.
CNN en Espanol: Cadea que emite para America Latina. Foi lanzada o 17 de marzo de 1997. A sua sede atopase en Atlanta.
CNN Chile: Cadea que emite noticias exclusivas para Chile. Comezou as suas transmisions o dia 4 de decembro de 2008. A sua sede esta en Cidade Empresarial, Huechuraba, Santiago de Chile, cobre a nivel nacional por Movistar TV, VTR, Telefonica do sur, GTD e cable operadoras.
HLN: Cadea que e un spin-off da CNN orixinal. Naceu en 1982 como CNN2, pero en 1983 cambiou o seu nome a Headline News. Ata 2001 utilizaba un esquema similar ao de Canle 24 Horas de TVE, emitindo noticias cada 30 minutos, pero actualmente emite bloques de informativos de 4 horas ademais de programas de conversacion.
CNN International: Emision internacional de CNN estreada en 1985 que combina programas de CNN Estados Unidos (Anderson Cooper 360deg, CNN Tonight) e outros de caracter propio (Inside the Middle East, CNN Newsroom) alguns deles emitidos desde Londres e Hong Kong e que compite con BBC World. Chega a mais de 200 paises en todo o mundo.
CNN Turk: Cadea estreada o 11 de outubro de 1999. Emite informacion para Turquia, sendo a sua sede Istanbul.
CNN-IBN, Indian Broadcasting Network: Cadea estreada en 2005 que emite en ingles para a India. E unha alianza entre Global Broadcast News (GBN) e Turner International (Turner).
CNNj: Cadea estreada o 24 de marzo de 2003 que emite para Xapon a traves de SKY PerfecTV!
CNN Latino: cadea estreada o 28 de xaneiro de 2013, creada para o publico de fala espanola nos Estados Unidos, unha version de CNN en Espanol e que constitue un primeiro chanzo da rede fora da television por cable.
CNN Checkout Channel: canle baseada en seguimento personalizado para as tendas de comestibles, iniciouse en 1991 e pechou en 1993.
CNN Italia:[1] un sitio web de noticias italiano en colaboracion coa editorial Gruppo Editoriale L'Espresso, e despois co xornal financeiro Il Sole 24 Ore, lanzado o 15 de novembro de 1999 [2][3] e pechado o 12 de setembro de 2003.
CNN +: Cadea que emitia para Espana, lanzada en 1999 grazas a unha alianza entre Prisa TV e Turner Broadcasting. No ano 2006 comezou as emisions desde a Television Dixital Terrestre. O contrato finalizou en xaneiro de 2009, o cal foi renovado por dous anos mais, pero tralo acordo de fusion por absorcion de Telecinco e Cuatro, Prisa TV decidiu pechar a canle escusandose nos seus diversos problemas economicos. A canle cesou as suas emisions o 28 de decembro de 2010.
CNNfn, Financial News: Cadea estreada o 29 de decembro de 1996 dedicada a economia e finanzas. Pechou en decembro de 2004.
CNN.com Live: canle realizada en substitucion de CNN Pipeline, emitia a traves de Internet.
CNN Pipeline: Cadea estreada o 5 de decembro de 2005 que emitia as 24 horas a traves de Internet, foi substituido polo servizo CNN.com Live
CNN Sports Illustrated: Cadea estreada o 12 de decembro de 1996 dedicada aos multiples deportes. Foi pechada en 2002 debido a forte competencia proporcionada por ESPNEWS e National Sports Report de Fox Sports Net, ademais de chegar a so 20 millons de espectadores, pouco comparado cos 86,5 millons de ESPN.