Saltar ao contido

Auguste Comte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo precisa de mais fontes ou referencias que aparezan nunha publicacion acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacions especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.)
Auguste Comte

Biografia
Nacemento19 de xaneiro de 1798
Montpellier (Primeira Republica Francesa)
Morte5 de setembro de 1857 (59 anos)
Paris (Segundo Imperio Frances)
Causa da mortecancro de estomago
Lugar de sepulturaCemiterio do Pere-Lachaise, 17 48deg51'35''N 2deg23'39''L / 48.859749, 2.39429
Grave of Auguste Comte (en)
RelixionAteismo agnostico
EducacionEscola Politecnica (1814-1816)
Lycee Joffre (1807-1814)
Actividade
Campo de traballoFilosofia e socioloxia
Ocupacionrepetitor (en) , matematico, sociologo, filosofo, escritor
Membro de
MovementoPositivismo
ProfesoresDaniel Encontre (pt) , Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon, Louis Poinsot, Augustin Louis Cauchy, Jean Nicolas Pierre Hachette, Francesc Arago, Louis Jacques Thenard e Alexis Therese Petit
AlumnosFabien Magnin, Pierre Laffitte, Richard Congreve (pt) e Eugene Semerie
Influencias
Obra
DoutorandoMaximilien Marie
Arquivos en
Familia
ConxuxeCaroline Massin (1825-1842)
NaiRosalie Boyer
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Sovietica 1969-1978, (sec:Kont Ogiust)
Biblioteca dixital BEIC
Augusto Comte

Isidore Marie Auguste Francois Xavier Comte, conecido como Auguste Comte, nado en Montpellier o 19 de xaneiro de 1798 e finado en Paris o 5 de setembro de 1857, foi un pensador frances, considerado creador do positivismo e da disciplina da socioloxia, ainda que hai correntes socioloxicas que so lle atribuen o porlle o nome.

Comte viu duas leis universais na actividade de todas as ciencias, a "Lei dos tres estadios" e a "Lei enciclopedica". Combinando estas leis, Comte desenvolveu unha clasificacion sistematica e xerarquica de todas as ciencias, inclusive a fisica inorganica (astronomia, xeoloxia e quimica) e a fisica organica (bioloxia) e, por primeira vez, a fisica social posteriormente renomeada "socioloxia".

Esta idea dunha ciencia especial centrada no social foi prominente no seculo XIX e non unicamente para Comte. A ambicion -alguns dirian grandiosidade- coa que Comte a concibiu foi, con todo, extraordinaria.

Comte viu esta nova ciencia, a socioloxia, como a ultima e a mais grande de todas a ciencias, unha ciencia que incluiria todas as ciencias as cales integrarian e relacionarian os seus achados nun todo cohesionado.

Ainda que foi influente durante a sua vida e durante algun tempo despois, o traballo de Comte caeu rapidamente no descredito. Comte acuno o termo "socioloxia" e consideraselle o primeiro sociologo moderno. A sua enfase na interconectividade dos elementos sociais converteuno nun precursor do funcionalismo moderno. No entanto, con poucas excepcions, o seu traballo considerase hoxe en dia excentrico e acientifico, e a sua gran vision da socioloxia como a raina de todas as ciencias nunca chegou a callar.

O pensamento de A. Comte

[editar | editar a fonte]

A filosofia de Comte entronca coa revolta moderna contra os antigos que iniciou Francis Bacon e estendeu L'encyclopedie francesa e que consistiu, a grandes linas, na asuncion da razon e a ciencia como unicas guias da humanidade capaces de instaurar a orde social sen apelar a escurantismos teoloxicos ou metafisicos.

A evidente intencion de reforma social da sua filosofia adhirese, con todo, a unha postura conservadora e contrarrevolucionaria en claro enfrontamento coas propostas ilustradas de Voltaire e Rousseau.

Tomando como contexto a Revolucion Francesa, Comte acusa a estes dous autores de xerar utopias metafisicas irresponsables e incapaces de outorgar unha orde social e moral a humanidade.

Os problemas sociais e morais han de ser analizados desde unha perspectiva cientifica positiva que se fundamente na observacion empirica dos fenomenos e que permita descubrir e explicar o comportamento das cousas en termos de leis universais susceptibles de ser utilizadas en proveito da humanidade.

Comte afirma que unicamente a ciencia positiva ou positivismo podera achar as leis que gobernan non so a natureza, senon a nosa propia historia social, entendida como a sucesion e o progreso de determinados momentos historicos chamados estados sociais.

A lei dos tres estados e a idea de progreso

[editar | editar a fonte]

A humanidade no seu conxunto e o individuo como parte constitutiva, esta determinado a pasar por tres estados sociais diferentes que se corresponden con distintos graos de desenvolvemento intelectual: o estado teoloxico ou ficticio, o estado metafisico ou abstracto e o estado cientifico ou positivo.

Este transito dun estado a outro constitue unha lei do progreso da sociedade, necesaria e universal porque emana da natureza propia do espirito humano. Segundo a devandita lei, no estado teoloxico o home busca as causas ultimas e explicativas da natureza en forzas sobrenaturais ou divinas, primeiro a traves do fetichismo e, mais tarde, do politeismo e o monoteismo. A este tipo de conecementos correspondelle unha sociedade de tipo militar sustentada nas ideas de autoridade e xerarquia.

No estado metafisico cuestionase a racionalidade teoloxica e o sobrenatural e substituido por entidades abstractas radicadas nas cousas mesmas (formas, esencias etc.) que explican o seu por que e determinan a sua natureza. A sociedade dos legistas e propia este estado que e considerado por Comte como unha epoca de transito entre a infancia do espirito e a sua madurez, correspondente xa ao estado positivo. Neste estado o home non busca saber que son as cousas, senon que mediante a experiencia e a observacion trata de explicar como se comportan, describindoas fenomenicamente e intentando deducir as suas leis xerais, utiles para prever, controlar e dominar a natureza (e a sociedade) en proveito da humanidade. A este estado de conecementos correspondelle a sociedade industrial, capitaneada por cientificos e sabios expertos que aseguraran a orde social.

Caracteristicas da filosofia positiva

[editar | editar a fonte]

A filosofia positiva como tipo de conecemento propio do ultimo estado da sociedade, definese por oposicion a filosofia negativa e critica de Rousseau e Voltaire a que Comte atribue os males da anarquia e a inseguridade social que caracterizan ao periodo post-revolucionario.

O termo positivo fai referencia ao real, e dicir, o fenomenico dado ao suxeito. O real oponse a todo tipo de esencialismo, refugando a procura de propiedades ocultas caracteristicas dos primeiros estados.

O positivo ten como caracteristicas o ser util, certo, preciso, construtivo e relativo (non relativista) no sentido de non aceptar ningun absoluto.

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Cours de Philosophie Positive (Curso de Filosofia Positiva) - 1842 (en 6 volumes)
  • Systeme de Politique Positive (Sistema de Politica Positiva) - 1851 (en 4 volumes)
  • Discurso sobre o espirito positivo.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]
Commons ten mais contidos multimedia sobre: Auguste Comte
A Galicitas posue citas sobre: Auguste Comte

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Control de autoridades