Dark Mode

Saltar ao contido

Syncom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representacion artistica dun Syncom propulsandose ata a orbita xeoestacionaria.

Syncom foi unha serie de satelites de comunicacions Estados Unidos desenados para ser os primeiros satelites de comunicacion en orbita xeoestacionaria.[1][2][3]

Caracteristicas

[editar | editar a fonte]

Os tres primeiros satelites Syncom foron pioneiros no uso da orbita xeoestacionaria como orbita desde a que facer retransmision sobre un punto fixo da Terra. Os tres satelites tinan forma cilindrica, con 71 cm de diametro, 39 cm de altura e unha masa de 68 kg, propelente solido incluido. Na sua base contaban cunha tobeira de 64 cm de longo alimentada por un motor de propelente solido capaz de proporcionar aos satelites unha delta-v de 1431 m/s. Os laterais do cilindro do satelite estaban cubertos por celulas solares capaces de proporcionar ata 29 W de potencia e alimentar baterias recargables de niquel-cadmio para os momentos nos que os satelites pasaban pola sombra da Terra. Os Syncom estabilizabanse mediante xiro e usaban un sistema de comunicacion activo redundante baseado na traslacion de frecuencia capaz de xestionar unha chamada telefonica bidireccional ou 16 canais unidireccionais de teletipo. O sistema funcionaba sobre dous transpondedores de 2 W de potencia.[1][2][3]

Syncom 1 foi lanzado o 14 de febreiro de 1963 mediante un foguete Delta B a unha orbita eliptica que debia converterse nunha orbita circular xeoestacionaria usando o motor de propelente solido. Vinte segundos tras ordenar ao satelite usar o seu motor a comunicacion co satelite perdeuse, sen conseguir contactar con el mais tarde. A investigacion posterior indicou que o eixo de xiro do satelite non estaba correctamente alinado.[1][2][3]

Syncom 2 foi lanzado o 26 de xuno de 1963, tamen mediante un Delta B, e acendeu o seu motor de propelente solido 6 horas despois de ser posto en orbita. Desta vez o eixo de xiro e o motor funcionaron adecuadamente e o satelite sitouse nunha orbita case xeoestacionaria que foi afinada posteriormente, convertendo a Syncom 2 no primeiro satelite nunha orbita xeosincrona pero non xeoestacionaria debido a sua inclinacion orbital de 33 graos, demostrando de todos xeitos a viabilidade do seu uso para comunicacions. Syncom 2 quedou situado sobre o oceano Atlantico e o Brasil, a 55 graos de lonxitude oeste, oscilando en latitude ao estar nunha orbita xeosincrona e comezando as suas operacions o 16 de agosto.[1][2][3]

Syncom 3 foi o primeiro satelite de comunicacions nunha orbita autenticamente xeoestacionaria. Foi lanzado usando un foguete Delta D e quedou situado nunha lonxitude de 180 graos, sobre o oceano Pacifico. O satelite proporcionou cobertura dos Xogos Olimpicos de 1964 en Tokyo.[1][2][3]

Despois dos tres satelites orixinais Syncom, a Armada dos Estados Unidos, en setembro de 1978, concedeu un contrato a Hughes Communication Services, Inc. para construir unha serie de satelites denominados Syncom 4, Syncom IV ou Leasat. Construironse cinco satelites, denominados como Syncom-4 1 a Syncom-4 5, Syncom-IV 1 a Syncom-IV 5 ou, alternativamente, Leasat 1 a 5. Tinan unha masa de 3400 kg no lanzamento (1388 baileiros de propelente), usaban 13 transpondedores en UHF e tinan forma de cilindro de 4,26 m de diametro e 6,17 m de alto coas antenas UHF despregadas. Estabilizabanse mediante xiro e usaban celulas solares que proporcionaban 1238 W de potencia. Os cinco satelites Syncom 4 foron lanzados entre 1984 e 1990 a bordo de transbordadores espaciais. Syncom-4 3 foi o primeiro satelite en ser recuperado e reparado por un transbordador espacial.[1][2][3]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Mision[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
Syncom 1 14 de febreiro de 1963 Delta B Exito
Syncom 2 26 de xullo de 1963 Delta B Exito
Syncom 3 19 de agosto de 1964 Delta D Exito
Syncom-4 1 8 de novembro de 1984 Transbordador espacial Discovery Exito
Syncom-4 2 30 de agosto de 1984 Transbordador espacial Discovery Exito
Syncom-4 3 12 de abril de 1985 Transbordador espacial Discovery Exito
Syncom-4 4 27 de agosto de 1985 Transbordador espacial Discovery Exito
Syncom-4 5 9 de xaneiro de 1990 Transbordador espacial Columbia Exito
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Mark Wade (2022). "Syncom" (en ingles). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Syncom 1, 2, 3" (en ingles). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Leasat 1, 2, 3, 4, 5 (Syncom-4 1, 2, 3, 4, 5)" (en ingles). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]