Programacion
- Afrikaans
- Aragones
- l`rby@
- mSr~
- asmiiy'aa
- Asturianu
- Az@rbaycanca
- Bashk'ortsa
- Belaruskaia
- Belaruskaia (tarashkevitsa)
- B'lgarski
- baaNlaa
- Bosanski
- Basa Ugi
- Catala
- khwrdy
- Cestina
- Chavashla
- Dansk
- Deutsch
- Zazaki
- Ellenika
- English
- Esperanto
- Espanol
- Eesti
- Euskara
- frsy
- Suomi
- Francais
- `bryt
- hindii
- Hrvatski
- Magyar
- Hayeren
- Bahasa Indonesia
- Ido
- Italiano
- Ri Ben Yu
- La .lojban.
- Qaraqalpaqsha
- K'azak'sha
- bhaasaakhmaer
- knndd
- hangugeo
- Kyrgyzcha
- Latina
- Lombard
- Lietuviu
- Latviesu
- Olyk marii
- Makedonski
- mlyaallN
- Mongol
- mraatthii
- Bahasa Melayu
- Nederlands
- Norsk nynorsk
- Norsk bokmal
- Occitan
- Polski
- Piemonteis
- pnjby
- Portugues
- Romana
- Russkii
- sNskRtm
- Srpskohrvatski / srpskokhrvatski
- siNhl
- Simple English
- Slovencina
- Slovenscina
- Shqip
- Srpski / srpski
- Svenska
- tmilll
- Toch'iki
- aithy
- Turkmence
- Tagalog
- Turkce
- Twi
- Ukrayins'ka
- rdw
- O`zbekcha / uzbekcha
- Tieng Viet
- Wu Yu
- yyidySH
- Zhong Wen
- Yue Yu
- IsiZulu
Este artigo precisa de mais fontes ou referencias que aparezan nunha publicacion acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacions especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Programacion | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Chamase programacion a creacion dun programa de computadora, un conxunto concreto de instrucions que unha computadora pode executar. O programa escribese nunha linguaxe de programacion, ainda que tamen se pode escribir directamente en linguaxe maquina, con certa dificultade. Un programa podese dividir en diversas partes, que poden estar escritas en linguaxes distintos.
Software e o substantivo que denomina os programas e datos da computadora.
Programas e algoritmos
[editar | editar a fonte]Un algoritmo e unha secuencia non ambigua, finita e ordenada de instrucions que deben seguirse para resolver un problema. Un programa normalmente pon en funcionamento (traduce a unha linguaxe de programacion concreto) un algoritmo. Un algoritmo pode expresarse de distintos xeitos: de xeito grafico, como un diagrama de fluxo, en forma de codigo como en pseudocodigo ou nunha linguaxe de programacion, en forma explicativa...
Os programas acostuman a dividirse en partes menores (modulos), de modo que a complexidade algoritmica de cada unha das partes sexa menor que a do programa completo. Isto axuda o desenvolvemento do programa.
Segundo Niklaus Wirth un programa esta formado por algoritmos e estrutura de datos.
O obxectivo das diversas tecnicas de programacion propostas e mellorar tanto o proceso de creacion de software como o seu mantemento. Entre elas podense mencionar as programacions estruturada, modular, declarativa e orientada a obxectos.
Compilacion
[editar | editar a fonte]O programa escrito nunha linguaxe de programacion (comprensible polo ser humano, ainda que adoitan corresponder con linguaxes formais descritas por gramaticas independentes do contexto) non e inmediatamente executable nun ordenador. A opcion mais comun e compilar o programa, ainda que tamen pode ser executado mediante un interprete informatico.
O codigo fonte do programa sometese a un proceso de transformacion para converterse en linguaxe maquina, interpretable polo procesador. A este proceso chamaselle compilacion e resulta nun programa executable (un tipico .exe para os usuarios de Windows). O proceso faise en dous pasos. O primeiro paso e a compilacion propiamente dita e traduce o codigo fonte escrito nunha linguaxe de alto nivel a codigo obxecto, mais proximo a linguaxe maquina. O segundo paso chamase enlazado (ou as veces mal chamado linkado do ingles link) e traduce o codigo obxecto a codigo maquina. Un programa poderia ter partes escritas en varios linguaxes, que se poderian compilar de xeito independente e enlazar xuntas para formar un unico executable, ainda que non e unha practica habitual.
Outra alternativa son os programas interpretados, nos que un interprete realizan a traducion da linguaxe de alto nivel a codigo maquina a medida que sexa necesario. O resultado da traducion normalmente non se almacena, senon que se volve a traducir no caso de que se volva a precisar.
Programacion e enxeneria do software
[editar | editar a fonte]Existe unha tendencia a identifica-lo proceso de creacion dun programa informatico coa programacion, que e certa cando se trata de programas pequenos para uso persoal, e que dista da realidade cando se trata de grades proxectos.
O proceso de creacion de software dende o punto de vista da Enxeneria ten os seguintes pasos:
- Reconece-la necesidade dun programa para solucionar un problema ou identifica-la posibilidade de automatizacion dunha tarefa.
- Recolle-los requisitos do programa. Debe quedar claro que e o que debe face-lo programa e para que se necesita.
- Realiza-la analise dos requisitos do programa. Debe quedar claro como debe realiza-lo programa as cousas que debe facer. As probas que comproben a validez do programa podense especificar nesta fase.
- Desena-la arquitectura do programa. Debese descompone-lo programa en partes de complexidade abordable.
- Implementa-lo programa. Consiste en realizar un deseno detallado, especificando completamente todo o funcionamento do programa. Despois disto a codificacion deberia resultar inmediata.
- Implantar (instalar) o programa. Consiste en pone-lo programa en funcionamento xunto cos componentes que poden necesitar (bases de datos, redes de comunicacions etc.)
A enxeneria do software centrase nos pasos de planificacion e deseno do programa, mentres que antigamente (programacion artesanal) a realizacion dun programa consistia unicamente en escribi-lo codigo.
Referencias historicas
[editar | editar a fonte]A primeira programadora de computadora conecida foi Ada Lovelace, filla de Anabella e Lord Byron. Anabella introduciu nas matematicas a Ada, quen despois de conecer a Charles Babbage traduciu e ampliou unha descricion da sua maquina analitica. Ainda que Babbage nunca completou a construcion de ningunha das suas maquinas, o traballo que Ada realizou con elas fixolle gana-lo titulo de primeira programadora de computadoras do mundo. O nome da linguaxe de programacion Ada foi escollido como homenaxe a esta programadora.
Obxectivos da programacion
[editar | editar a fonte]A programacion de ordenadores debe perseguir tres obxectivos fundamentais:
- Correccion: Un programa e correcto se fai o que debe facer. Para determinar se un programa fai o que debe facer e moi importante especificar claramente que debe face-lo programa antes de desenvolvelo e unha vez rematado comparalo co que realmente fai.
- Claridade: E moi importante que o programa sexa o mais claro e lexible posible para mellora-lo mantemento do software. Cando se acaba de escribi-lo codigo de programa, debense busca-los erros e corrixilos. Mais concretamente, cando o programa esta rematado, e necesario facerlle ampliacions ou modificacions, segundo a demanda dos usuarios, este traballo pode ser levado a cabo polo mesmo programador que implementou o programa ou por outros.
- Eficiencia: Debe consumir a menor cantidade posible de recursos. Normalmente o falar de eficiencia adoitase facer referencia o consumo de tempo e/ou memoria.
A eficiencia e a claridade dun programa pode ser obxectivos contrapostos: podese conseguir maior claridade sacrificando parte da eficiencia ou viceversa. Pero hai que ter en conta que o tempo do programador e caro, e que hoxe en dia o prezo dos ordenadores e razoable e cada vez son mais baratos.
Vexase tamen
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Programacion |