Microfundamentos
Microfundamentos, en economia, e o termo que se refire a analise microeconomica do comportamento dos axentes individuais, como os fogares ou as empresas, sobre os que se sustentan as teorias macroeconomicas.[1][2]
A maioria dos primeiros modelos macroeconomicos, incluidos os keynesianos, baseabanse en hipoteses sobre as relacions entre magnitudes agregadas como a producion, o emprego, o consumo e o investimento. Os criticos e partidarios destes modelos estaban en desacordo sobre se tales relacions agregadas eran consistentes cos principios da microeconomia.[3] Por esta razon, nas ultimas decadas os macroeconomistas intentaron combinar modelos microeconomicos do comportamento de fogares e empresas para derivar as relacions entre variables macroeconomicas. Na actualidade, moitos modelos macroeconomicos, representando distintas correntes teoricas,[4] son modelos derivados da agregacion de modelos microeconomicos, o que permite que poidan ser contrastados con datos macro e microeconomicos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os criticos dos metodos macroeconomicos keynesianos sinalaron axina que alguns dos supostos de Keynes non eran consistentes coa microeconomia estandar. Por exemplo, a teoria do consumo ao longo do tempo de Milton Friedman, conecida como a 'hipotese da renda permanente', suxeria que a propension marxinal ao consumo da renda temporal --crucial no multiplicador keynesiano-- era seguramente moito menor do que asumian os keynesianos. Por este motivo, moitos estudos empiricos intentaron medir dita propension [5], e os macroeconomistas tamen estudaron modelos microeconomicos alternativos (como modelos con imperfeccions nos mercados de credito e aforro por prudencia) que puidesen xustificar unha maior propension marxinal ao consumo.[6]
A critica de Robert Lucas aos modelos de prevision macroeconometrica tradicionais foi especialmente influente no desenvolvemento dos microfundamentos. Tralo aparente cambio na relacion da curva de Phillips nos anos 70, Lucas argumentou que as correlacions entre variables agregadas observadas nos modelos macroeconomicos tenderian a variar cando mudasen as politicas macroeconomicas. Isto implicaba que os modelos con microfundamentos eran mais axeitados para predicir os efectos dos cambios de politica, baixo a suposicion de que ditos cambios non alterasen a estrutura microeconomica subxacente da economia.[7]
Controversia
[editar | editar a fonte]Alguns autores, como Alan Kirman[8] e S. Abu Turab Rizvi, argumentan que o proxecto dos microfundamentos e conceptualmente erroneo, baseandose no teorema de Sonnenschein-Mantel-Debreu.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- | Barro, Robert J. (1993), Macroeconomics, 4a ed.
- | Maarten Janssen (2008), "Microfoundations", en The New Palgrave Dictionary of Economics, 2a ed.
- | E. Roy Weintraub (1977). "The Microfoundations of Macroeconomics: A Critical Survey," Journal of Economic Literature, 15(1), pp. 1-23.
- | Thomas Cooley, ed., (1995), Frontiers of Business Cycle Research, Princeton University Press.
- | Barro, Robert J. (1993). Macroeconomics (4a ed.). p. 87.
- | Angus Deaton (1992), Understanding Consumption, Oxford University Press.
- | "The Smets-Wouters model", BCE.
- | Kirman, Alan P. (1992), "Whom or What Does the Representative Individual Represent?"
- | Rizvi, S. Abu Turab (1994), "The Microfoundations Project in General Equilibrium Theory", Cambridge Journal of Economics 18: 357-377.