Saltar ao contido

Katy Perry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo precisa de mais fontes ou referencias que aparezan nunha publicacion acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacions especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuno de 2020.)
Katy Perry

(2024, Westminster Central Hall (pt) )
Biografia
Nacemento(en) Katheryn Elizabeth Hudson
25 de outubro de 1984 (41 anos)
Santa Barbara, Estados Unidos de America
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
3 de decembro de 2013 -
Datos persoais
Outros nomesKaty Perry
EducacionDos Pueblos High School (en)
Santa Barbara City College (en)
Altura171 cm
Peso61 kg
Cor dos ollosAzul agrisado
Actividade
Ocupacioncantante, empresaria, compositora de cancions, emprendedora, bailarina, actriz, actriz de dobraxe, shoe designer (en)
Periodo de actividade2001 -
EmpregadorUNICEF
Partido politicoPartido Democrata
Xenero artisticoMusica pop, musica rock, pop rock, musica para bailar, synth pop, electropop e Gospel
Patrimonio estimado330 M$ (2021)
InstrumentoVoz
Selo discograficoCapitol Records
Familia
ConxuxeRussell Brand (2010-2012), divorcio
ParellaJustin Trudeau (2025-)
Orlando Bloom (2016-2025)
Diplo (2014-2015)
John Mayer (2012-2014)
Travis McCoy (2006-2008)
FillosDaisy Dove Bloom
() Orlando Bloom
PaisKeith Hudson e Mary Perry
IrmansDavid Hudson
Angela Hudson
ParentesFrank Perry, tio materno
Frank Joseph Perry, Sr., avo
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObalky knih,
Babepedia >>>:Katy Perry
Sitio webkatyperry.com

Katheryn Elizabeth Hudson, nada o 25 de outubro de 1984 en Santa Barbara (California), e unha cantante, compositora, bailarina e xurado televisiva estadounidense, conecida artisticamente como Katy Perry.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Katy Perry, 2012.

Logo de cantar na Igrexa durante a sua infancia, comezou a sua carreira musical sendo adolescente cantando gospel. Firmou coa discografica Red Hill Records e lanzou o seu album debut Katy Hudson (o titulo do album e o seu nome orixinal) en 2001. Non obstante, este album non tivo exito. O ano seguinte, mudouse a Os Anxeles para probar un novo estilo de musica separado do seu pasado relixioso logo do peche de Red Hill Records, e asi comezou a traballar con produtores como Glen Ballard, Dr. Luke, ou Max Martin. Logo de adoptar o nome artistico de Katy Perry e de deixar The Island Def Jam Music Group e Columbia Records, firmou un contrato coa discografica Capitol Records en abril do ano 2007. Perry alcanzou a fama en 2008 co seu segundo album musical, One of the Boys (Un dos rapaces), un disco pop rock que contina os singles "I Kissed a Girl" (Biquei unha rapaza) e "Hot n Cold" (Quente e frio). O seu terceiro album, Teenage Dream (Sono adolescente) lanzado no ano 2010, atreveuse cun estilo disco, e foi o seu primeiro album en chegar ao numero un na listaxe estadounidense dos Billboard Hot 100 grazas aos singles "California Gurls" (Rapazas californianas), "Teenage Dream" (Sono adolescente), "Firework" (Fogo artificial), e "Last Friday Night (T.G.I.F)" (A noite do venres pasado) mentres "The One That Got Away" (O que se escapou) alcanzou o posto numero tres. Este album converteuse no primeiro album dunha artista feminina en conseguir cinco numeros un nos Estados Unidos, e o segundo album en xeral en obter este reconecemento logo do album Bad de Michael Jackson. No ano 2012, Perry reeditou o album co nome de Teenage Dream: The Complete Confection, contendo as cancions "Part of Me" (Parte de min) e "Wide Awake" (Completamente desperto). O seu seguinte abum foi Prism (Prisma) publicado no ano 2013, o cal se converteu no seu segundo album en chegar a cima das clasificacions estadounidenses. Conten influencias dos estilos pop e dance, e con el Perry converteuse na primeira artista en obter un billon de visitas en multiples videos no canal Vevo; ditos videos foron: "Roar" (Ruxido) e "Dark Horse" (Cabalo Escuro). Continuou a sua producion musical no ano 2017 co album Witness (Testemuna), o cal indagou no estilo do electropop e se converteu no seu terceiro album en acadar o numero un nos Estados Unidos. "Chained to the Rhythm" (Encadeado ao ritmo) foi o single mais exitoso do album, rompendo o record de Spotify do maior numero de reproducions no primeiro dia de emision dunha cancion dunha artista feminina.

Perry recibiu varios premios, incluindo catro Guiness World Records, cinco American Music Awards, un Brit Award, e un Juno Award. Foi incluida na listaxe anual de Forbes das mulleres mais ricas no mundo da musica dende o ano 2011 ata o ano 2018. O seu patrimonio neto estimado era de $125 millons no ano 2016. E unha das artistas musicais con maior numero de vendas en todos os tempos, vendendo mais de 18 millons de copias de albums e 125 millons de sinxelos mundialmente durante a sua carreira.

No referido a industria cinematografica, lanzou un documental autobiografico titulado Katy Perry: Part of Me (Katy Perry: unha parte de min) no ano 2012 e tamen participou como actriz de doblaxe de Pitufina no filme dos Pitufos do ano 2011 e na sua continuacion no ano 2013.

Perry tamen ocupa o cargo de xuiza no programa American Idol dende o ano 2018.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Katy Perry e a filla mediana de dous pastores evanxelicos, tendo unha irma mais vella (Angela) e un irman mais novo (David).

Katy Perry comezou a cantar na sua igrexa desde os nove ate os dezaseis anos. Perry, medrou escoitando musica gospel. Asistiu a escolas cristias e campamentos. Como un rapaza calquera, Katy Perry, aprendeu a bailar nunha sala de Santa Barbara. Ela estivo a cargo de bailarins e comezou co swing, Lindy Hop, e jitterbug. Ao cabo, decidiu abandonar a escola para seguir unha carreira na musica. Recibiu asi mesmo clases de canto e durante un tempo estudou opera italiana.

O 4 de marzo de 2020 colgou na sua paxina de Youtube unha nova cancion e video, no cal confirmou o seu embarazo. Momentos despois da publicacion do video, fixo unha emision en directo na sua paxina de Instagram na cal confirmou que no veran do 2020 sacaria un novo album: darei a luz literal e figuradamente.

Discografia

[editar | editar a fonte]
Albums de Estudio
  • Katy Hudson (2001)
  • One of the Boys (2008)
  • Teenage Dream (2010, reeditado no 2012 como Teenage Dream: The Complete Confection)
  • Prism (2013)
  • Witness (2017)
EPs
  • Ur So Gay (2004)
  • The Hello Katy Australian Tour EP (2009)
Outros Discos
  • Katy Perry (2004)
  • The Matrix (2004)
  • Hello Katy Tour (2009)
  • California Dreams Tour (2011-2012)
  • Prismatic World Tour (2014-2015)
  • Witness: The Tour (2017-2018)

Filmografia

[editar | editar a fonte]
  • The Smurfs (2011)
  • Katy Perry: Part of Me (2012)
  • The Smurfs 2 (2013)
  • Brand: A Second Coming (2015)
  • Katy Perry: The Prismatic World Tour (2015)
  • Katy Perry: Making of the Pepsi Super Bowl Halftime Show (2015)
  • Jeremy Scott: The People's Designer (2015)
  • Zoolander 2 (2016)
  • Popstar: Never Stop Never Stopping (2016)

Vexase tamen

[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: Katy Perry
Control de autoridades