Branquia
- Afrikaans
- l`rby@
- ldrj@
- Asturianu
- toerkhjh
- Bashk'ortsa
- Basa Bali
- Zemaiteska
- Bikol Central
- Belaruskaia
- Belaruskaia (tarashkevitsa)
- B'lgarski
- Bosanski
- Catala
- Min Dong Yu / Ming-deng-ngu
- khwrdy
- Cestina
- Chavashla
- Dansk
- Deutsch
- Ellenika
- English
- Esperanto
- Espanol
- Eesti
- Euskara
- frsy
- Suomi
- Francais
- Frysk
- `bryt
- hindii
- Hrvatski
- Kreyol ayisyen
- Magyar
- Hayeren
- Bahasa Indonesia
- Ido
- Islenska
- Italiano
- Ri Ben Yu
- Jawa
- k`art`uli
- knndd
- hangugeo
- Latina
- Lietuviu
- Latviesu
- Malagasy
- Makedonski
- mlyaallN
- Bahasa Melayu
- Nederlands
- Norsk nynorsk
- Norsk bokmal
- Oromoo
- Polski
- Portugues
- Runa Simi
- Romana
- Russkii
- Sakha tyla
- Srpskohrvatski / srpskokhrvatski
- Simple English
- Slovencina
- Slovenscina
- Shqip
- Srpski / srpski
- Sunda
- Svenska
- Kiswahili
- tmilll
- Toch'iki
- Turkce
- Tatarcha / tatarca
- Ukrayins'ka
- Tieng Viet
- Wu Yu
- Zhong Wen
- Yue Yu
| Branquia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
As branquias [1] son os organos respiratorios de numerosos animais acuaticos, mediante os cales extraen o osixeno (O2) disolvido na auga e transfiren a esta o dioxido de carbono (CO2).
Os animais acuaticos dotados de branquias captan o O2 que se encontra disolvido na auga, o cal pasa aos fluidos internos (sangue, linfa etc.) e e transportado aos tecidos, onde as celulas requireno para a respiracion celular, proceso que se realiza en organulos celulares denominados mitocondrias. Como resultado da respiracion celular producese CO2, o cal debe ser eliminado para evitar a intoxicacion do medio interno.
Os animais mais pequenos e de menor taxa metabolica realizan o intercambio de gases pola superficie corporal. Pero os mais grandes necesitan unha superficie de intercambio mais extensa, para o que adquiriron no curso da evolucion estruturas especializadas, as branquias. Para favorecer o intercambio, a circulacion de fluidos esta sempre especialmente organizada nestes organos, incluso naqueles animais que carecen dun sistema vascular desenvolvido, como os moluscos.
Caracteristicas
[editar | editar a fonte]As branquias son xeralmente finas placas ou excrecencias de tecido mucoso altamente irrigadas por vasos sanguineos, ou o seu equivalente para os animais sen este tipo de sistema circulatorio, a traves de cuxas paredes se realizan os intercambios gasosos. As galadas esta sempre localizadas no corpo do animal de modo que tenan o maximo contacto coa auga e, ao mesmo tempo, quedar protexidas.[2]
Normalmente son organos externos, a diferenza dos pulmons ou as traqueas dos animais de vida aerea, porque os organos en forma de cavidade complexa non son apropiados para o movemento intensivo dun liquido como a auga, de densidade moito maior que a do aire, e polo rozamento implicado. O intercambio eficaz de gases exixe un contacto sen barreiras entre as celulas epidermicas da branquia e a auga circundante, o mesmo, por outra parte, que nos pulmons, de forma que incluso en animais dotados de tegumentos reforzados, como a pel escamosa dos peixes, as branquias estan sempre polo menos cubertas de tecidos brandos e fraxiles.
Anatomicamente as branquias presentanse en duas formas. A mais comun e a de apendices ramificados de gran superficie relativa. Asi e como se presentan, por exemplo, en moluscos, anelidos e larvas acuaticas de salamandras e tritons, ou nas larvas acuaticas de insectos. A outra forma e a que se observa no conxunto heteroxeneo de vertebrados acuaticos que se denomina peixes. Nestes as branquias son estruturas especializadas organizadas entre as fendeduras farinxeas, ou fendeduras branquiais, orificios que comunican lateralmente o tubo dixestivo co exterior. A auga que entra pola boca sae polas fendeduras, oxixenando o sangue que circula por vasos que percorren os tabiques situados entre elas (que son as branquias).
Nas duas modalidades anatomicas as branquias poden quedar mais ou menos protexidas dentro dunha cavidade aberta pola que se fai circular a auga. E o caso, por exemplo, dos moluscos (cefalopodos, gasteropodos, bivalvos etc.) onde a cavidade paleal que conten as branquias intercambia auga co ambiente so a traves de condutos chamados sifons. Tamen e o caso dos peixes oseos, onde as branquias quedan protexidas externamente por unha extension da parede corporal chamada operculo. Nos elasmobranquios (raias e tiburons), pola contra, as fendeduras branquiais son visibeis externamente.
As branquias nos peixes
[editar | editar a fonte]Nos peixes oseos a auga e bombeada activamente, con movementos ritmicos, desde a cavidade bucofarinxea cara a cavidade situada debaixo do operculo, pasando para iso entre as branquias. Dos tiburons tense dito, pero agora sabemos que non e exacto, que se limitan a nadar coa boca aberta, de maneira que a auga flue constantemente a traves das branquias.[Compre referencia]
As branquias nos invertebrados e nas larvas dos anfibios
[editar | editar a fonte]Nos vertebrados e insectos con fases xuvenis acuaticas, como os anfibios e as efemeras, as larvas estan equipadas con branquias, ainda que os adultos respiren por organos aereos.
Os insectos acuaticos --normalmente as suas larvas-- as traqueas branquiais son tubos por onde circula o aire e a traves das suas paredes realizanse os intercambios gasosos. Por exemplo, na larva da libelula as paredes da extremidade do recto contenen numerosas traqueas, que funcionan como branquia rectal, onde a auga e bombeada para dentro e para fora do tubo dixestivo, subministrando asi oxixeno ao animal.
Nas estrelas e ourizos de mar (equinodermos), as branquias son finas protuberancias na superficie do corpo que contenen diverticulos do seu sistema circulatorio. Nos crustaceos, moluscos e alguns insectos, as branquias estan formadas por unha serie de placas ou de filamentos, dentro dos que circula a linfa.
Notas
[editar | editar a fonte]- | Outros nomes que se poden empegrar en galego para as branquias son galadas, galas, galaxas e guerlas.
- | Lima, Fernanda Blauth de, Maria del Carmen Braccini, Alcira Ofelia Diaz, Clovis Pinheiro Junior e Antonio Carlos Galarca Guimaraes (2009): "Morfologia das branquias de Steindachnerina brevipinna (Eigenmann & Eigenmann, 1889) (Characiformes, Curimatidae)" in Biotemas, 22 (1): 87-92. Consultada o 8/10/2012.
Vexase tamen
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten mais contidos multimedia na categoria: branquias |